Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Psoe: Un Brindis ao Sol

miércoles, 13 de noviembre de 2013
Desde o Preguntoiro

Se o PSOE cre que recuperaron credibilidade despois da súa Conferencia Política, desde o meu punto de vista coido que non. Teño a sensación que todo foi un lavado de face, un brindes ao Sol con vistas ás eleccións europeas. Non se falou de rectificar o seu apoio co PP da reforma constitucional do artigo 135, que é a base importante no pago desa débeda (estafa) que está oprimindo ás clases traballadoras.

Falan de máis democracia. ¿O conto como é?. Se nin sequera falaron desta antidemocrática Lei Electoral e facer unha reforma máis xusta e democrática onde cada persoa un voto; disto nin tocalo, xa se veu en Asturias o que pasou co seu Presidente. Falan de laicidade, pero nada din sobre o de pagar a igrexa o IBI e das grandes subvencións que levan. Disque que apoian a Sanidade Pública, pero non falan ren de si seguiran privatizando servizos como viñeron facendo cando gobernaban.

Que falen claramente que non se pagará esta débeda ilexítima (estafa); se o proxecto é encherlle o bandullo aos bancos; sen dar un paso atrás na reforma laboral; revisión de tódolos concertos do ensino, sanidade e blindar tódolos dereitos acadados anteriormente.

A sociedade está cansa de tanta mentira, porén, teño amigos de base do PSOE que son de esquerdas e os vexo moi alporizados coas cúpulas do partido, outros coméntanme que, ante a barbarie do Cabalo de Atila do século XXI chamado PP o partido ten que mollarse dunha vez por todas, largar a todos eses que o mangonean desde as alturas.

Onte o Sr. Bono sae cunha patada de cabalo dicindo que prefire pactar co PP que con IU. ¿Despois disto é posible crerlles?.

Un compañeiro meu, socialista de fai moito tempo no partido, resumía desta maneira a Conferencia e das palabras de Bono: “....todo máis do mesmo e o Sr. Bono que se vaia para FAES . ¿Que pintaba alí Isidoro pertencente ao consello de administración de Gas Natural con dous centos mil euros de soldo…….”?. Son preguntas que se fan algúns militantes de base con moitos anos de militancia.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES