Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De quen é a acta?

martes, 12 de noviembre de 2013
É posible que cando lea esta columna, benquerido lector, o asunto xa estea solucionado -cando menos internamente-, tal como prometeu a responsable de Esquerda Unida en Galicia e vicevoceira da Alternativa Galega de Esquerdas no Parlamento Galego, e, polo tanto, a miña reflexión chegue allada no tocante á actualidade, aínda que non no relativo ó fondo da cuestión.

Porque o fondo da cuestión neste debate aberto sobre quén é propietario dunha acta de representación -se o partido ou a persoa que accede ó cargo por esa formación-, tocouno hai uns días o BNG cando lle dixo ós seus excompañeiros de AGE que, se certamente consideran que a acta de Fernández Calviño é da agrupación electoral, entón o que tiñan que facer tódolos concelleiros e concelleiras, alcaldes e alcaldesas -se é que as hai- que foron elixidos polo BNG nas últimas eleccións municipais e logo se autodenominaron representantes das emerxentes formacións derivadas da excisión, o que tiñan que facer -repito- eu concordo con iso, era entregarlle todas esas actas ó BNG, cousa que só se pode facer dunha maneira, é dicir, dimitindo e deixándolle paso a aqueles representantes que se manteñan dentro do ideario xeral da organización. Calquera outra cousa que non se faga dese xeito, non deixa de ser unha perversión dos principios democráticos, en canto non se aproben as listas abertas, que dubido eu que sexamos quen de velas nós.

¿De quen é a acta? Cabe preguntarse, entón. ¿Do partido político, que internamente decide número e condición de cada un dos candidatos? ¿Ou do candidato, que unha vez elixido outórgase capacidade propia para asumir a disciplina orgánica se lle peta e se non lle peta non?

Pero fagamos o razoamento doutro xeito, ou, mellor dito, dende outra perspectiva, é dicir, dende a perspectiva do elector. Se un candidato vai colocado, poñamos por caso, no número 8 dunha lista de 10 e sae elixido, alguén podería crer que tódolos electores que votaron por esa lista fixérono porque ía el nese número 8? Ou non sería máis lóxico pensar que a xente votou de forma maioritaria ó partido e, como consecuencia dese voto xenérico, logo a Lei d'Hont personalizou a acta no nome dese determinado señor?

¿De quén é a acta, entón? Repito.

Pois se quere que lle diga a miña opinión, sinceramente creo que da ética. E a ética di que se un candidato se afasta dos principios políticos da formación pola que resultou elixido, o ético é que dimita e lle dea paso ó sucesor. E se dimite porque quere, 'idem do lenzo', que diría un pintor.

Pero, existe a ética? Velaí o fondo da cuestión.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES