Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seremos os primeiros

martes, 12 de noviembre de 2013
Dar ánimos está moi ben como primeira medida diante da situación na que agora mesmo nos atopamos. Porque o primeiro mal que nos aqueixa é a desesperanza diante do panorama xeral que nos envolve.

Cando as autoridades competentes nos animan indicando que saímos da crise, do pozo, do tunel, tomamos a información a beneficio de inventario sen acabar de ter fe – crer o que non vimos- na información oficial. Pero cando a información procede dun banco, dámoslle algo máis de credibilidade porque aínda que o seu fin é fundamentalmente económico entendemos que non ten interese en convencernos e si en constatar o que as súas investigacións reflicten.

Por iso, quizais sexa de interese a previsión que o servizo de esstudos económicos do BBVA asigna a Galicia para o próximo 2014 no que vaticina que Galicia, xunto con Castela León e Baleares, serán as primeiras do conxunto das autonomía sen progresar no próximo ano. Mentras para España se prevé un crecemento do 0,9% para o 2014, en Galicia – se facemos caso deste gran banco- medraremos un 1,3%.

As previsións do departamento de estudos económicos do banco baséanse na consolidación fiscal, na exportación, en que a recesión xa tocou fondo e en que non se destruirá emprego e que, en fin, o panorama vai mellorar.

Como en algo necesitamos crer, ogallá acerten cos seus pronósticos, que boa falla nos fai.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES