Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eu podería ter dano cerebral adquirido

miércoles, 13 de noviembre de 2013
O martes pasado publicouse en youtube o anuncio “Eu podería ter dano cerebral adquirido” da Federación Galega de Dano Cerebral. En 4:26 minutos trátase de concienciar á poboación de que calquera pode sufrir a adversidade dun dano cerebral e polo tanto, experimentar unha situación de dependencia.

Persoalmente, sempre me pareceu máis complicado a readaptación á vida cunha discapacidade adquirida que adaptarse a vivir cunha diversidade funcional de nacemento. O tráxico do tema é que a nosa realidade crea cada vez máis situacións de risco que nos poden levar a padecer un dano cerebral. Por iso Fegadace nos invita a pensar que nos pode tocar e a poñernos na situación, na situación de adquirir unha dependencia e ter que adaptarnos a ela. Isto, segundo as estatísticas, é o que viven en Galicia 35.000 persoas ao ano por causa de ictus e accidentes.

Como ben di o anuncio semella unha “ epidemia silenciosa” que non so afecta á persoa senón tamén ó seu entorno. O dano cerebral chega para ficar con nós e con el temos que reformular a vida.

Se a calquera lle pode tocar, un pregúntase porqué a sociedade non aposta por xerar as condicións necesarias para que estas persoas teñan unha calidade de vida plena. Por isto é polo que loitan dende as asociacións de dano cerebral adquirido e coido que debemos apoialas sen fisuras, incluso poñéndonos en situación e pensándonos como posibles usuarios potenciais, como nos gustaría que nos trataran?

O vídeo conta coa colaboración de distintas asociacións ligadas ao terceiro sector como Cruz Vermella, Asbiga, Colexio de Logopedas, Coordinadora de ONGD’S, Fundación Secretariado Gitano, Trasrilsan, Stop Accidentes, Persoas Xordas, ACCU e Down Galicia. Polo tanto, Fegadace logrou, en certo modo, xuntar un amplo espectro do mundo asociativo ligado ao terceiro sector nunha iniciativa de concienciación social imprescindible.

Este feito deberíanos facer pensar na necesidade de unión e colaboración que ten o terceiro sector nunha situación crítica na que moitos se xogan desaparecer. Xa non vale diferenciar entre necesidades específicas dun determinado colectivo, é necesario loitar polos dereitos de todos porque podemos ir en distintos camarotes pero o barco é o mesmo. Polo tanto, cabe desexar que a semente de este exemplo nos leve a camiñar xuntos pola inclusión social.

Só me queda darlle os parabéns a Fegadace por esta iniciativa na que foi unha honra colaborar e tamén convidar a quen lea isto a loitar por uns servizos que mañá calquera pode necesitar.

http://www.youtube.com/watch?v=fS2eQq58X8Q
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania