Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A tolemia do século XX

lunes, 03 de octubre de 2005
O artigo en cuestión pode parecer case pesimista, coido que se pode ollar desde o punto de vista do “vaso medio cheo”, desta maneira é como eu o estou ollando, non como dicimos en moitas ocasións cando as cousas son dun pesimismo abrallante o “vaso medio baldeiro”.

Cando pola mañá cedo érgome da cama, póñome a escoitar a COPE mentres estou co almorzo. Daquela case dáme un pasmo no corazón, xa que oíndo as noticias parece que temos un golpe de estado en España, todo é tremendismo, todo se fai mal. Saio á rúa e vexo que o ceo está moi azul, escoito aos paxaros e a xente anda polas rúas normalmente, e o abrallamento que tiña vaime pousando paseniño. Collo o coche para o traballo e poño a emisora da cadena SER, España é unha balsa de aceite, todo vai ben, a gasolina pouco sube, temos menos paro e as citas de agardar para o médico vanse acurtando. ¿Cal é a que máis achégase á verdade? ¿Cantas Españas hai para estes “xornalistas”?. A realidade é outra. A realidade do día a día, dos que somos cidadáns da pé nada ten que ver co que contan estes mandilóns tertulianos das ondas e dalgún xornal ao servicio de intereses indignos, para que comulguemos con rodas de muíño.

A realidade a temos preto de nós. O cambio climatolóxico. A queima dos montes. A polución mundial. Os países pobres son máis pobres na actualidade, consecuencias disto, a invasión que temos e teremos de cidadáns deses países. As guerras preventivas e ilegais para roubar o petróleo. A globalización da economía creando unha sociedade invertebrada e insolidaria, o exemplo o temos co furacán “Katrina” en New Orleáns, onde se descubre as inxustizas e a impotencia dun modelo de sociedade que nos queren impoñer. Que tomen nota os países europeos desta experiencia de EEUU, coido que somos víctimas dunha sociedade moi desaxustada, que necesitamos unha revisión ao cen por cen, antes de que a natureza e a maldade do ser humano fagan unha desfeita.

Ante isto, xa non poño no dial da radio ningunha emisora tertuliana, soamente as de música para acougar un pouco a mala leite que un leva dentro. Non quero que me condicione ningún mesías nin salvador de patrias.

Lembro aquela canción de Luís Eduardo Aute de 1996 “Siglo XXI Cambalache”, onde a cantaba en clave de futuro, hoxendia a canto eu en presente, co permiso de Aute: “A mentira xa é lei e o simulacro institución, o cohecho por dereito e pola santa comisión, o chourizo xa vai embutido no seu Mercedes oficial. O trilero xa montou o seu atril na Trilateral. O camello xa non será un criminal que vendía matarratos, quizais preto o podemos ver de presidente de Coca-Control.”

Todo o demais (ante as realidades que están a xurdir no mundo, en España, Galicia, inclusive ao pé da porta onde un vive), son frases politicamente correctas que soan moi ben, pero sen contido ningún.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES