Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiño Norte: Despropósito da Xunta

lunes, 11 de noviembre de 2013
O DESPROPÓSITO DA XUNTA DE GALICIA CO CAMIÑO NORTE

É ben certo, que a administración, con frecuencia, vai con retraso coa sociedade civil. Actúa de forma torpe, insensible e arbitraria, causando externalidades negativas a amplos sectores da poboación, de forma certa, inmediata e irreversible.

Un destes despropósitos é o que acaba de cometer a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa resolución do 9 de agosto de 2013, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que incoa o procedemento de delimitación do Camiño de Santiago do Norte, ruta da costa.

Esta antiga ruta de peregrinación xacobea, percorre os concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Begonte, e Friol, na provincia de Lugo, e Sobrado dos Monxes, Boimorto e Arzúa, na provincia da Coruña.

O actual recorrido é o que figura nas guías nacionais e internacionais do Camiño do Norte. Este trazado, é froito dun estudo rigoroso, por un equipo de prestixiosos investigadores, encabezado por o Catedrático de Historia D. Ramón Yzquierdo Perrín.

Despois de máis de vinte anos da súa posta en marcha, este camiño xacobeo, ten identidade propia, está plenamente consolidado, xera riqueza e dinamiza a vida económica, social e cultural dos territorios por os que pasa.

Os problemas do novo trazado acentúanse en puntos concretos de Mondoñedo, Guitiriz, Baamonde, Begonte, Friol, Sobrado dos Monxes e Arzúa, o trazar un itinerario alternativo.

A etapa que vai entre Baamonde e Sobrado dos Monxes, modificase case integramente. Chegando o desatino de deixar fora do itinerario o Mosteiro de Sobrado, sabendo que, a través da historia, este mosteiro foi un fito de referencia no camiño, ate o punto que, peregrinos que ven por o Camiño Francés, desvíanse para pasar por Sobrado. Hai que ter en conta, que Sobrado dos Monxes sempre estivo vinculado as rutas xacobeas.

A pregunta clave que nos facemos, é ¿Qué criterios está a utilizar o Comité Asesor do Camiño de Santiago, para atreverse a alterar o trazado dun recorrido consolidado?

Cando os documentos históricos, a toponimia, os monumentos, o arraigo, a memoria oral e a pegada dos peregrinos, estanos a dicir que esta é unha auténtica ruta xacobea.

Sabemos que camiños a Santiago hai, case tantos coma peregrinos. Se a estas alturas queremos velar por a pureza, nese sentido, en moitos dos casos é imposible, dado as alternativas que se abren, dificultando o proceso de delimitación.

Se a estes obstáculos engadimos a insuficiente base documental, o conflito de intereses, a actuación a destempo, a interpretación interesada, ou a falta de sensibilidade que merecen estas actuacións. O que leva é a desfacer unha realidade, que funciona, que goza de boa saúde, que tivo un pasado, que ten un presente e que augura un futuro prometedor. Cambiar todo isto, é arriscado, imprudente e inoportuno, que o único que vai a xerar é confusión, desprestixio e miseria para moitos dos emprendedores, que a base de esforzo, creatividade, innovación e implicación foron creando os seus negocios o amparo desta ruta xacobea.

A misión dun Conselleiro de Cultura, é a de velar por o patrimonio, tanto material como inmaterial, e os Camiños de Santiago, son un dos patrimonios máis importantes cos que conta a comunidade.

A marca Xacobeo, ten prestixio, xera valor e riqueza alí onde está. Queda moito onde traballar e investir os recursos, así que, Sr. Conselleiro, en lugar de estar traballando e gastando, onde o único que se crea é confusión e pobreza, rectifique e non siga adiante con este despropósito.

Pense que o patrimonio, máis que unha herdanza dos nosos antepasados é un préstamo que nos fan os nosos fillos e netos, así a que, a nosa obriga e devolvelo en perfecto estado de conservación. Teña visión de futuro, e a súa acción como conselleiro, debe de estar centrada, en deixar este legado en mellores condicións do que o recibiu.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES