Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ensino público, universal e gratuito

sábado, 09 de noviembre de 2013
O SABER faraivos LIBRES. Ensino público, universal e gratuito

Calquer ser humano que viva en sociedade, pode ser escravo de moitas forzas ou poderes sen se dar conta. Poñamos por caso unha dona que merca un novo forno para a cociña que trae mandos dixitais, moitas arrúmbano nun anaquel e alí queda o artefacto ate que morre de esquecemento; ou se cadra, un día vai de visita o sobriño que se move ben pola informática e apréndelle o manexo á tia que sente como se lle abriran os ollos máis alá do ceo, e incluso máis alá dos cartos.

Isto é só un pequeno exemplo do que moitos temos vivido, como cando imos a unha cidade estranxeira e para entrar no tren hai que mercar o billete nunhas máquinas pegadas ás colunas do anden, que teñen uns letreiros e explicacions que so entenden eles. É imposible controlar todo o saber, pero axuda moito domiñar unhas capacidades básicas como: interpretar, deducir, sintetizar, etc. Esto, que quizáis parezan términos para a ciencia, facémolo a cotio sen nos percatar. Cando nos quedamos quedos parados ante a máquina que expende os boletos e agardamos a que chegue alguén, entón concentramos a atención en dúas cousas: que idioma fala por se lle podes pedir axuda, ou estar atentos ao que fai para facer o mesmo.

A lixereza e rapidez para resolver calquer tipo de problema que se nos presente consíguese “facendo traballar o cerebro”, dende cousiñas pequenas como os crucigramas, ate descobrir de onde e por que chega a goteira ao salón.

As ataduras a outros, a dependencia dos que nos rodea, o medo ao que se nos presente , en gran parte arránxase con pequenos esforzos, e con pensar de forma ordenada.

Pensar, pensamos todos e case sempre, pero de forma ordenada xa é outra cousa. Ante un pequeno ou grande problema hai moitas persoas que se poñen a chorar, a berrar, saen correndo do fogar a buscar a alguén, porque se senten incapaces de resolvelo. Despois, unha vez neutralizado o tema , adoitan decir, “co doado que era!”.

Estos exemplos parecen vanáis mais son a esencia da aprendizaxe, aprendemos para a vida, para a vida profesional, doméstica, social, etc. Ante as novas tecnoloxías, sentímonos tantas veces orfos, por iso faise preciso o ensino continuado, o ensino liberador, o ensino que engrandeza e dea seguridade á persoa.

O Estado, e o goberno respeitivo, deben ter conciencia de que hai que ensinar, educar e socializar a todos os membros da sua sociedade. Deben partir das tres esixencias requeridas despois da revolución francesa, xa no século XIX: ensino público, gratuito, universal (ainda que no comezo universal era só para os homes). Opinaban os pensadores ilustrados tales como Rousseau, Voltaire, Montesquieu, etc. que “Un home ilustrado é un home feliz, e un home feliz non orixina problemas á sociedade”, con esta especie de aforismo resolvían á vez dous temas: conseguían a felicidade dos súbditos, e non tiñan guerras intestinas ou civís. Eran moi sabios, máis adiante engadiron aos tres condicionantes anteriores a “educación laica”, deixando a relixión situada non na lóxica, senon na afectividade (sentimento relixioso), para vivila na esfera familiar ou no culto colectivo entre crenzas iguais.

É ben significativo que os primeiros países que encararon o ensino público foron Gran Bretaña e Prusia, eran os dous países europeos que tiñan feita a revolución industrial, e traballar de forma eficaz coas máquinas esixía formación. Logo o ensino é tamén un ben que rentabiliza o Estado. Por que pois estamos a sentir nestes tempos que hai unha especie de interés por poñer atrancos ao ensino?. Porque a formación ademáis de facer ás persoas máis libres e poderosas fainas críticas, e o poder, por esencia, rexeita as opinións contrarias. Tanto o poder político como o financiero queren homes-masa, sumisos e manexables para o voto e para o consumo. As campañas de propaganda política e as de publicidad de productos comerciais, fanse para que as absorban consumidores movidos máis polos sentimentos que pola razón. Canto máis ignorante é o pobo máis doado é facerlle sentir medo, guialo pola superstición, ou prometerlle o imposible con miragres que, a pouco que te pares a pensar, son simples patrañas.

Actualmente vívese un gran desfase na comunicación entre as forzas vivas do país e os consumidores das mensaxes. Persoeiros sociais que minten hoxe para tapar o de onte e mañá para disculpar o de hoxe; ministros que aproban leis , coa inmoral maioría absoluta, para levarnos cincuenta anos atrás: modificación da lei do aborto, nenos separados das nenas nas escolas, ensino católico relixioso obrigatorio, salarios de miseria, etc. . Para quen falan estes señores afirmando que están a facer o que lle convén ao pobo?, non se dan conta de que hai un alto porcentaxe da poboación que alcanzou un nivel de coñecimentos que lles permiten discernir entre o ben e o mal, entre a verdade e a mentira, entre o servizo ao pobo que deben os políticos ou dedicarse a vivir da explotación dos cidadáns que están perdendo dereitos e pasando a ser súbditos.

Por moito que pareza que o saber hoxe en día non vale para nada, non debemos deixar de estudar, de aprender, de formarnos para poñerllo difícil aos que pensan en enriquecerse a base da ignorancia dos débiles e esclavizados.
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES