Carballo: O lapis do corazón
Timiraos, Ricardo - viernes, 08 de noviembre de 2013
De Ricardo Timiraos a Xosé Manuel Carballo Ferreiro, crego, escritor, ilusionista e moitas cousas máis:
O LAPIS DO CORAZÓN
Este Carballo Ferreiro,
Enfermo da súa gorxa,
Martela ben as concencias
Coas verbas na súa forxa.
Camiña cós desvalidos,
É un forno de dozura
Do arte crea os seus rezos
¡Moito traballa iste cura!
Nos beizos flores e risos
Nas mans ilusión e maxia
Os ollos fan chiribitas
Cando ve tánta falacia.
Agora, preso da língua,
Co lapis do corazón
Valeira iste Carballo
A savia do seu amor.
¡Cánto xermolo na Terra!
¡Qué ben canta o ruiseñor!
Un artista que che é cura
Está perto do Señor.
Ricardo Timiraos Castro
Colmenar Viejo, 27 de Outono 2013
Timiraos, Ricardo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora