Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Wert e as súas circunstancias

jueves, 07 de noviembre de 2013
Desde o Preguntoiro

Despois daquel golpe de estado tan sutil do PSOE e PP expropiando a Constitución coa súa reforma, estes mentiron, enganado, manipularon e todo elo para causar pobreza, miseria, medo e incerteza.

Agora o Sr ministro Wert retira as becas Erasmus en pleno curso, onde hoxe a Comisión Europea criticou esta retirada de becas e comenta : que o goberno español debería ter comunicado aos estudantes esta decisión antes de comezar o curso. Outra patada de Europa como a da doutrina Parot.

Este Werzotas pensa que todos somos como el ou máis paspáns. Ante este novo esperpento, un novo tirón de orellas de Europa. Agora todo isto dáme a razón desta política destrutiva do goberno cando afirmo que todo isto obedece a unha estratexia perfectamente deseñada por FAES, ou sexa unha planificación ideolóxica, achegándose ao fascismo e o que non o queira ver desta maneira vive noutro mundo..

Este ministro Werzotas, deixou a moitos estudantes desprazados nunha situación de indefensión absoluta, é indignante. A este Sr. e ao desgoberno que temos, lle trae sen coidado os tiróns de orellas que poida darlle Bruselas, porén, este ministro en canto ás formas lembra a un mamporrero e, en canto ao fondo, a un neofascista. Se non fora por Bruselas estes pecharían as escolas e coas privadas e as controladas pola igrexa teríamos abondo.

Que vergoña de país, estes escachapiollos non me representan en nada, só róubame os impostos, soamente están a vender fume, só falan da Marca España. Se esta é a esa marca eu voume deste país e volverei cando vexa que en España é máis importante un científico que un xogador de fútbol.

Unhas eleccións anticipadas é o único que pode frear a esta manada de corruptos que son a vergoña do mundo. O triste de todo que aínda temos xente que segue crendo en eles. ¡¡Manda carallo na Habana!!.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES