Noticias

A gala de entrega dos Premios da Cultura Galega 2024 celebrarase o vindeiro 23 de abril en Ferrol

A gala de entrega dos Premios da Cultura Galega 2024 celebrarase o vindeiro 23 de abril no Teatro Jofre de Ferrol. A celebración na cidade departamental segue a senda iniciada en 2019, cando os Premios da Cultura Galega se organizaron por vez primeira fóra da capital de Galicia, escollendo como acto para a cerimonia o mosteiro ourensán de Montederramo. Seguiulle nesta estratexia o Teatro Afundación, en Vigo, en 2020. Tras dous anos que se viron afectados pola pandemia, retomouse a súa descentralización coa celebración no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, no ano 2023. O ano pasado escolleuse para este acto o convento de Santa Clara, en Pontevedra.

A gala de entrega dos Premios da Cultura Galega 2024 celebrarase o vindeiro 23 de abril no Teatro Jofre de Ferrol. Así se informou hoxe no Consello da Xunta que analizou o informe da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con que se continúa a estratexia de descentralización destes galardóns, que constitúen o maior recoñecemento outorgado en Galicia neste eido e buscan poñer en valor o esforzo e o talento creativo da nosa Comunidade.

A celebración na cidade departamental segue a senda iniciada en 2019 polo Goberno galego, cando os Premios da Cultura Galega se organizaron por vez primeira fóra da capital de Galicia, escollendo como acto para a cerimonia o mosteiro ourensán de Montederramo. Seguiulle nesta estratexia o Teatro Afundación, en Vigo, en 2020. Tras dous anos que se viron afectados pola pandemia, retomouse a súa descentralización coa celebración no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, no ano 2023. O ano pasado escolleuse para este acto o convento de Santa Clara, en Pontevedra.

Deste xeito, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tamén dá resposta aos obxectivos da recente e pioneira Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, que entrou en vigor o pasado mes de xaneiro, e que promove a descentralización da programación e creación cultural por todo o territorio da Comunidade. Cómpre recordar que os Premios da Cultura Galega 2024 recaeron no escritor Manuel Lourenzo, na categoría de Letras; no deseñador gráfico Xosé María Pérez Barro, na de Artes Visuais; na actriz e dramaturga Marta Pazos, en Artes Escénicas; no xestor cultural Joaquín Martínez, na de Música; en Ficción Producións, na de Audiovisual; na xornalista Julía Díaz, en Lingua; no historiador Xosé Manuel González, en Patrimonio Cultural; e no Real Club Celta de Vigo, na distinción de Proxección Exterior polo himno Oliveira dos cen anos, composto co gallo do seu centenario.

Xurado

O xurado desta edición estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral de Igualdade, María Quintiana; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; Henrique Monteagudo, académico numerario, en representación da Real Academia Galega; Xosé Manuel Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Máximino Zumalave, académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes; así como profesionais de recoñecido prestixio, como Kirenia Martínez Acosta, xestora cultural, bailarina e coreógrafa; Lucía Carballeda Suárez, historiadora da arte e galerista; e Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Con estes galardóns, a Xunta de Galicia distingue cada ano a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.

R., 2025-03-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European Researchers’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES