Noticias

O plan Eduemprende, cuxa convocatoria estará aberta ata o 10 de outubro, promove o espírito emprendedor no alumnado de FP

O plan Eduemprende leva máis dunha década fomentando a cultura emprendedora no alumnado de FP, é un dos piares da estratexia educativa galega para promover a creación de proxectos empresariais e a innovación. A convocatoria do plan Eduemprende está actualmente aberta e finaliza o vindeiro 10 de outubro. Este, dirixido ao alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas deportivas, artes plásticas e deseño, así como ao alumnado de Bacharelato, ESO e Primaria, ten como obxectivo promover a cultura do emprendemento e facilitar a transición da vida académica á laboral.

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, reuniuse hoxe no CIFP Compostela cos coordinadores de emprendemento dos centros integrados de Formación Profesional para reforzar o impulso deste espírito emprendedor a través do plan Eduemprende. Esta iniciativa da Xunta de Galicia, que leva máis dunha década fomentando a cultura emprendedora no alumnado de FP, é un dos piares da estratexia educativa galega para promover a creación de proxectos empresariais e a innovación.

No marco deste encontro, Eugenia Pérez tamén lembrou que a convocatoria do plan Eduemprende está actualmente aberta e finaliza o vindeiro 10 de outubro. Este, dirixido ao alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas deportivas, artes plásticas e deseño, así como ao alumnado de Bacharelato, ESO e Primaria, ten como obxectivo promover a cultura do emprendemento e facilitar a transición da vida académica á laboral.

O principal obxectivo deste encontro é potenciar o traballo colaborativo e xerar novas sinerxías. A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou a relevancia do plan Eduemprende no desenvolvemento de habilidades emprendedoras, que permiten ao alumnado crear os seus propios proxectos empresariais, ademais de facilitar o acceso aos viveiros de empresa dispoñibles en toda Galicia. “Queremos formar profesionais non só con competencias técnicas, senón tamén con capacidade de innovación e iniciativa para emprender os seus propios proxectos", afirmou a directora xeral.

Aulas de emprendemento

Eugenia Pérez subliñou tamén na reunión o impacto das aulas de emprendemento, postas en marcha en 100 centros de Galicia, que lograr fomentar a iniciativa entre un gran número de estudantes. A través da colaboración e o traballo en rede dos coordinadores de emprendemento dos CIFP ao abeiro do plan, búscase continuar incrementando a participación de centros e alumnado. Vén completar á rede de 31 viveiros de empresa en centros educativos, que facilitan que os alumnos poñan en marcha as súas ideas de negocio.

Os centros interesados en participar nesta iniciativa deberán presentar as súas solicitudes a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia antes da data límite. Con este programa, búscase que o alumnado adquira competencias empresariais e coñecementos que lles permitan desenvolver proxectos propios no futuro.

Con esta reunión, e co conxunto das iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia, a Formación Profesional continúa avanzando cara a unha maior conexión co tecido empresarial e un reforzo do espírito emprendedor entre o alumnado galego. Desta maneira, asegúrase unha formación integral, orientada ao futuro e que responda ás necesidades do mercado laboral.

R., 2024-09-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-soldador.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, “un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas”, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Foto de la tercera plana (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES