Noticias

A Xunta presenta o novo Plan de Inspección dos servizos sanitarios 2024-2027

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe a orde pola que se aproba o Plan de Inspección dos servizos sanitarios para o período 2024-2027. Deste xeito, a Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios garantirá os dereitos dos pacientes e usuarios atendidos no sistema sanitario galego, incidindo nos criterios de eficiencia, calidade e seguridade asistencial. Entre outras medidas, a Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios velará polo control e supervisión das prestacións e actividades sanitarias, ademais de realizar unha avaliación constante dos centros, servizos e establecementos sanitarios da nosa comunidade.

O novo plan da Consellería de Sanidade establece entre os seus aspectos prioritarios a tutela dos dereitos sanitarios dos pacientes, prestando especial atención á tramitación de reclamacións e suxestións presentadas pola cidadanía en relación coa asistencia sanitaria recibida e ás condicións de funcionamento dos centros.

Así mesmo, recolle a realización de auditorías de xestión dos establecementos sanitarios privados e concertados co Servizo Galego de Saúde e tamén porá o foco naqueles procesos de inspección destinados á avaliación das incapacidades temporais.

O novo Plan de Inspección dos servizos sanitarios da Xunta incorpora novidades como: a avaliación da xestión do transporte sanitario, a revisión do cumprimento dos requisitos técnico-sanitarios de centros de medicina estética, centros de reprodución humana asistida e actividades realizadas coa utilización de células e tecidos, e, no ámbito dos medicamentos e produtos sanitarios, o control dos requisitos para a preparación e entrega de medicamentos en sistemas personalizados de dosificación.

R., 2024-07-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (autopista-ap9.jpg) A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
Foto de la tercera plana (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.

Notas

A sexta edición de Ultrafast Science and Technology Spain 2026 botou a andar este mércores 18 na USC. O foro que se estende ata o venres 20 reúne persoal investigador e empresas cuxas áreas de desenvolvemento, innovación e investigación atópanse vinculadas ao ámbito dos láseres ultrarrápidos e ás súas aplicacións na Física, a Química, a Medicina ou a Ciencia dos Materiais.
Conformado por seis estudantes de Belas Artes e unha alumna de Comunicación, o colectivo Recanto asumiu neste curso a coordinación da Sala O Abrigo, onde nestas semanas preséntanse tamén como artistas a través da mostra colectiva 'Dentro dun espazo maior'. Articulada arredor do significado da súa propia denominación, esta exposición levounos a construír o seu propio 'recanto' dentro deste espazo da UVigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES