
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara
Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.
Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.
Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.
Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.