Noticias

Galicia reduce o abandono educativo temperá a unha taxa do 12%, máis de medio punto menos ca o ano anterior

Galicia vén de acadar un novo fito na redución do abandono educativo temperá, que cae ao mínimo desde que existen rexistros, un 12% de media no ano 2020. Isto supón reducir en máis de medio punto o dato co que se pechou 2019 (12,6%) e confirma a progresiva diminución desta taxa, en máis dun 50% respecto do dato rexistrado de media no 2009 (25,8). Este logro é froito do esforzo de todos os axentes implicados no sistema educativo galego, no incremento da súa calidade e en facelo atractivo para a permanencia do alumnado. En calquera caso, o noso sistema educativo cumpriu xa o obxectivo marcado para España pola UE para 2020, fixado nun 15%.

Nesta liña, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade continúa poñendo en marcha diferentes iniciativas en prol da calidade do sistema, como a publicación dunhas instrucións para manter os criterios de avaliación e promoción, evitando os prexuízos do coñecido como decreto do aprobado xeral, ao tempo que incrementou neste curso o plantel de profesorado en 2.300 docentes.

Grazas a este incremento, foi posible implementar de xeito reforzado iniciativas como ARCO, fundamental para o reforzo de coñecementos tras a particularidade do curso pasado, ou os contratos-programa.

R., 2021-01-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES