
Ramiro Rueda. Ramiro,
el hombre de los yogures.
Es un hombre al que admiro.
Sus yogures me gustaban
y lo proclamo y lo digo.
Galicia propón este ano 119 praias 45 na Coruña, 17 en Lugo, 56 en Pontevedra, e unha en Ourense como candidatas ao galardón Bandeira Azul 2026. Galicia é a terceira comunidade que formalizou máis candidaturas este ano, por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía, que presentaron 160 e 155 praias. En canto ás provincias, Pontevedra é a segunda con máis candidaturas propostas só por detrás de Alacante. Ademais, este é o primeiro ano no que se presenta a candidatura dunha praia fluvial na provincia de Ourense. Para acadar este recoñecemento nas praias deberá acreditarse unha calidade das augas excelente, unhas boas condicións de seguridade, servizos e accesibilidade, e unha atinada xestión medioambiental.
A taxa de positividade do virus respiratorio sincitial sitúase no 10 % na semana 7 do ano, que rematou o día 15 deste mes. Na semana recollida no informe, observouse un descenso da taxa de consultas no grupo dos menores de dous anos. En canto ás hospitalizacións, rexistráronse dous ingresos no grupo de nados entre abril e setembro de 2025 pero non se produciu ningunha hospitalización nos lactantes menores de dous meses. Nestes grupos, a cobertura da inmunización fronte ao VRS é do 92,6 % no caso dos bebés que son vacinados nos hospitais galegos ao nacer dentro das datas da campaña e do 95,3 % para os nados fóra de campaña.