
A aplicación ofrece a todas as persoas que a descarguen información actualizada da situación da pandemia e das restricións vixentes en cada concello, así como avisos das autoridades, novidades e, as recomendacións actualizadas.
Información personalizada
Se o usuario se identifica co Chave 365 terá acceso a información personalizada. No caso de ser diagnosticado de COVID-19, recibirá un aviso e poderá consultar a súa situación no apartado Estado Covid e recibir recomendacións personalizadas, e trasladar contactos estreitos ao Servizo Galego de Saúde e agora tamén realizar unha autodeclaración de contactos no caso de que mantivese contacto cun positivo
No caso de ser diagnosticado e ter instalada tamén a aplicación Radar Covid, poderá consultar desde PassCovid o código que hai que introducir e Radar Covid.
Ademais, Pass Covid permite realizar desde o móbil o auto-test, acceder á plataforma de asistencia domiciliaria e ao formulario de rexistro de estancia de viaxeiros en Galicia.
Rexistro en establecementos
Para facilitar a xestión temperá de posibles contactos en establecementos PassCOVID tamén permite ao usuario rexistrar, a través dun código QR, aqueles establecementos nos que estivese.
Esta funcionalidade, que está a ter unha activación progresiva, permite a autoridade sanitaria enviar un aviso á PassCOVID en caso de determinar que nun establecemento concentrouse un número de contaxios relevante nunha data ou datas concretas. Se un usuario da app estivo nese local e o rexistrou debidamente, recibirá un aviso da situación e as instrucións adecuadas.
Ademais, se a persoa é diagnosticada de COVID-19, poderá compartir co Servizo Galego de Saúde a súa listaxe de establecementos e así colaborar coa xestión da pandemia
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.