Noticias

O programa formativo da Amtega Aceleratech facilitará a inmersión tecnolóxica das pemes

A Amtega presenta o vindeiro 30 de xullo o programa formativo “AceleraTech, impulsando a transición dixital”, que se comezará en outubro. AceleraTech dirixido tanto ás pemes galegas como ao seu persoal directivo para que as tecnoloxías disruptivas máis relevantes e os beneficios e condicionantes necesarios para integralas na súa estratexia, estrutura e modelo de negocio. O programa, que se desenvolverá a partir de outubro en colaboración coa IESIDE, abrangue diferentes xornadas formativas e prácticas específicas para persoal directivo e xerentes de empresas galegas. A presentación de AceleraTech terá lugar o vindeiro 30 de xullo por streaming e nel realizarase unha exposición do programa así como unha aproximación a unha das tecnoloxías que se van abordar neste, o blockchain.

Para asistir á xornada de presentación de AceleraTech é preciso inscribirse a través da páxina web do CDTIC, https://cdtic.xunta.gal/es/aceleratech-blockchain, no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 881 995 200.

Programa específico para persoal directivo

A iniciativa está dirixida principalmente a persoal directivo, xerentes e propietarias/os de empresas, xa que estas son as persoas con capacidade de decisión e as que poden impulsar e liderar unha transformación tecnolóxica real destas.

O programa desenvolverase a partir de outubro e estenderase ao longo de cinco sesións formativas e un taller final. As temáticas das sesións versarán sobre os seguintes aspectos: A competencia na era dos negocios dixitais; Big data, data science e intelixencia artificial; Internet of the things e 5Gg; Blockchain; Ciberseguridade; Construíndo a transformación dixital da peme: taller Lego® Serious Play®.

As prazas para participar neste programa formativo son limitadas e o prazo de preinscrición estará aberto desde o 1 de agosto ata as 18:00h do 1 de outubro.

R., 2020-07-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES