
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do 25 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos como deportistas galegos de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2018, así como as solicitudes desestimadas e a causa
Ademais, cómpre salientar que hai un total de 105 deportistas non recoñecidos dos que 87 o son por non cumprir o criterio deportivo que figura no anexo I da Orde do 30 de maio de 2005 pola que se establecen os criterios para recoñecemento dos deportistas galegos de alto nivel, en desenvolvemento do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro; 6 por estar xa recoñecidos como deportistas galegos de alto nivel e outros 12 por non cumprir trámite administrativo e fóra de prazo.
Decreto do Deporte de Alto Nivel de Galicia
Tal e como avanzou o secretario xeral para o Deporte no Parlamento de Galicia, o decreto de alto nivel verá a luz no vindeiro trimestre do ano e neste decreto desenvolverase a Oficina de Atención ao Deportista que será a encargada de prestar os servizos de información, orientación e acompañamento nos trámites que poidan necesitar os deportistas.
A Secretaría Xeral para o Deporte continúa traballando no decreto que desenvolverá ao deporte de alto nivel en Galicia. O obxectivo é a regulación do deporte de alto nivel de Galicia de xeito que os deportistas, adestradores e árbitros galegos que adquiran este recoñecemento se vexan beneficiados por novas vantaxes no eido educativo, laboral ou económico, entre outros.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.