
¿Lázare? ¿Lázare? ¿Lázare?
¿Por qué, Lázare, por qué?
Porque viene de mi abuelo
y otra cosa yo no sé.
Galicia é a Comunidade autónoma que máis reduce a súa débeda no 3º trimestre deste ano 2025, en termos porcentuais, un 6,5%, o que supón 835 millóns de euros menos que no trimestre anterior. Deste xeito, a débeda pública de Galicia representa só 3,56% do total da débeda do conxunto das comunidades. No que se refire á débeda/PIB, en Galicia redúcese en 1,2 puntos, ata quedar no 14,2%, 6,2 puntos por baixo da media das Comunidades, que é de 20,4. Os datos dados a coñecer hoxe polo Banco de España poñen de manifesto que Galicia é a 2ª rexión que máis reduce a súa débeda/PIB e a 4ª de réxime común cun ratio máis baixo.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Executivo autonómico 'vai presentar alegacións' á proposta de planificación da rede de transporte eléctrica para o período 2025-2030 presentada polo Estado o pasado mes de outubro xa que 'apenas reserva un 2,8% do investimento total para Galicia'. Rueda resaltou que as comunidades necesitan 'infraestruturas eléctricas modernas e adaptadas á realidade actual do tecido industrial e ao crecemento previsto no futuro'. Nesta liña, lembrou que contar con estas instalacións 'é fundamental para o desenvolvemento económico das comunidades'.