
A-TRaVIeSA explora o potencial da realidade virtual como ferramenta para avaliar o temperamento e as competencias socioemocionais de nenos e nenas, co propósito de avanzar cara á detección precoz de dificultades emocionais e de conduta.
O proxecto bianual contra co financiamento da Axencia Estatal de Investigación. No primeiro ano o obxectivo é deseñar a ferramenta de realidade virtual e adaptala para medir diferentes variables en diferentes escenarios. Ao longo do segundo ano, farase a avaliación coas medidas fisiolóxicas, combinándoo co que informan as familias a través de cuestionarios. Trátase de recrear determinados escenarios e así, a través de indicadores, avaliar como responde cada neno neses escenarios.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.