
Nace o I Concurso de Fotografía Xuvenil Ruando Lugo26, una iniciativa do Colectivo Fotográfico Ruando de Lugo en colaboración coa Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón e González Almacén Fotográfico. Baixo o lema "Como vemos a rúa", este certame busca converterse nun escaparate para a creatividade e o talento emerxente dos estudantes de Lugo de entre 12 e 22 anos. O obxectivo é activar unha nova mirada sobre a nosa contorna, impulsando aos mozos e mozas a explorar a fotografía de rúa como unha ferramenta de expresión artística e documental única.
A proposta convida a saír á rúa coa cámara ou co móbil sen ideas preconcibidas, coa única premisa de capturar a vida urbana tal e como sucede: de xeito espontáneo, sen poses nin artificios. Dividido en tres categorías por idades que abranguen desde a ESO ata a Formación Profesional e outros estudos posobrigatorios, o concurso premiará a orixinalidade, a capacidade narrativa e a calidade técnica con bolsas de material fotográfico de ata 300 euros. Ademais, as 30 mellores imaxes formaran parte dunha exposición pública oficial dentro do prestixioso festival RuandoPhotoFest Lugo26 que se celebrará en novembro.
O prazo para enviar as obras (un máximo de dúas fotografías orixinais e inéditas por participante, xestionadas a través de cada centro educativo) rematará o vindeiro 30 de setembro de 2026. Se tes unha mirada propia sobre o ritmo da cidade, as súas historias cotiás e a súa arquitectura viva, esta é a túa oportunidade para amosarlle ao mundo como ves a túa rúa. Consulta as bases completas e participa!
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.