Notas de prensa

O 30º Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña encherá a cidade de escena en abril e maio

A UDC celebra, entre o 9 de abril e o 14 de maio, a 30ª edición do seu Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña (FITEUC), unha cita consolidada no panorama cultural universitario que converterá, un ano máis, os espazos escénicos da cidade da Coruña nun punto de encontro para compañías universitarias de teatro e danza. O Teatro Rosalía, o Centro Ágora e o Fórum Metropolitano serán os espazos escollidos nos que se desenvolverá a programación.

Dita programación incluirá seis representacións a cargo de agrupacións das tres universidades galegas: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo. As funcións celebraranse en horario de tarde, con entrada libre ata completar aforo.

O FITEUC dará comezo o martes, 9 de abril ás 20:30 horas, no Centro Ágora, coa obra “Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo”, da Aula de Teatro da USC, baixo a dirección de Roberto Salgueiro.

O martes 22 de abril será unha xornada dobre. Ás 18:00 horas, o Fórum Metropolitano acollerá a representación de “Voilà”, da Aula Universitaria de Lugo (USC), dirixida por An González. Ese mesmo día, ás 20:30 horas, o Teatro Rosalía será o escenario de “Cartografar sen norte”, posta en escena da Aula de Teatro da UDC dirixida por Sara Rey.

O venres 25 de abril, o Ágora albergará unha sesión dedicada á danza universitaria. Ás 20:00 hors representarase “Hyphē”, da Aula de Danza da UDC, con dirección de Javier Martín, seguida de “REDes”, da Compañía de Danza da USC, dirixida por Juan Carlos Zahera.

O peche do festival terá lugar o mércores 14 de maio, ás 20:30 horas no Teatro Rosalía, coa obra “Ludovico 2.5”, da Aula Universitaria de Ourense (Grupo Maricastaña 2025 - Universidade de Vigo), dirixida por Fernando Dacosta.

Toda a información actualizada sobre o festival pode consultarse na web de NORMAL, espazo de intervención cultural da UDC.

Universidade da Coruña (UDC), 2025-04-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES