
O evento contará coa asistencia de Moisés Canle, vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da UDC, quen participará na inauguración institucional, que terá lugar ás 9:30 horas, xunto con José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Inade; Natalia Barros, directora da Oficina Económica de Galicia IGAPE; Ignasi Belda, director xeral de AESIA (Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial) e Fernando Peña López, director da Cátedra Fundación Inade-UDC.
Durante as xornadas terá lugar a presentación do IX volume da colección Cadernos da Cátedra Fundación Inade-UDC, co título Los riesgos generados por la inteligencia artificial y los posibles mecanismos para su mutualización. Esta obra, elaborada por Gabriel Macanás, doutor en Dereito Civil pola Università di Bologna e profesor de Dereito Civil na Universidad de Murcia, reflexiona sobre os desafíos éticos, sociais, económicos e legais que supón la IA, así como sobre as solucións que se poderían implantar para garantir que os danos causados por esta tecnoloxía poidan ser compensados de maneira axeitada.
Logo da presentación da obra, ás 11:00 horas, terá lugar unha mesa redonda con persoal experto, que será moderada por Fernando Peña, director da Cátedra, e na que se abordarán os riscos da IA e o papel que desempeñará o sector asegurador na súa transferencia. Nela participarán Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC; Ignasi Belda, director Xeral de AESIA; Alberto José Bugarín Diz, catedrático na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director do Grupo de Sistemas Intelixentes do CITIUS da USC; Adrián Feliú González, responsable de consultoría en Ciberriscos de Howden; Jesús Almarcha Jaime, avogado de seguros e reaseguros en Pérez-Llorca Abogados.
O evento, de carácter gratuíto, vai dirixido a persoal administrador, conselleiro e directivo de empresas tecnolóxicas; especialistas en ciberseguridade e responsables de protección de datos; persoal informático, programador e desarrollador, profesionais do sector asegurador, da avogacía e consultoría especializada; economistas e analistas de riscos; persoal regulador ou responsable de políticas públicas; estudantado da área informática, tecnolóxica, económica ou xurídica, e en xeral, calquera persoa interesada na materia.
A Cátedra Fundación Inade-UDC
A Cátedra Fundación Inade-UDC: A Xestión do Risco e o Seguro é froito dun convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e a Fundación Inade e ten como obxectivos estratéxicos o fomento e divulgación dunha cultura de xestión responsable do risco na sociedade; contribuír á formación de profesionais cualificados e preparados para mellorar a xestión dos riscos presentes no entorno socioeconómico de Galicia; e fomentar a transferencia de coñecementos en materia de xestión de riscos e seguros desde a Universidade á sociedade.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.