Notas de prensa

A Asociación Galega de Produtoras Independentes presenta os proxectos seleccionados da III Edición de AGAPI IMPULSA COPROS

A AGAPI vén de facer públicos os proxectos seleccionados para a III Edición do AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión. O comité desta III Edición, formado por profesionais de recoñecido prestixio dentro do ámbito da produción executiva, estivo composto por Raúl García de Meteórica Cine, Pilar Abades de Illa Bufarda e Javi Lopa de Undodez.

Eles foron os encargados de seleccionar os cinco proxectos de creadores e creadores emerxentes que, de outubro a xaneiro, participarán nun programa de mentorización progresiva. Durante este programa, abordaranse temas como orzamento, plan de financiamento, planificación de rodaxe, elaboración de dossieres e técnicas de pitching.

Os proxectos seleccionados foron: “Vén en ondadas” de Ariadna Cordal e Dani Cornes, “Despois de Grecia” de Irene Pin, “Por un puñado de pellets” de Marcos Montiel, “BOANAI” de Uliani Tatit e “Canguro” de Laura Pego.

AGAPI IMPULSA COPROS conta co financiamento do AGADIC a través da liña de Subvencións para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais, convocadas neste mesmo ano 2024.

Nota

Asociación Galega de Produtoras Independentes, 2024-10-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES