Notas de prensa

Normal, o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, inaugura a exposición 'Fío do Norte'

O xoves, día 17 de outubro, ás 19.30 horas en NORMAL, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, terá lugar a inauguración da exposición “Fío do Norte”, comisariada por Juan Luis Toboso en diálogo con Filipa Ramos. O evento contará,ás 20:00 horas, co concerto de Carme López, que engadirá unha experiencia sonora única á inauguración.

“Fío do Norte” é unha exposición e, ao mesmo tempo, unha investigación especulativa sobre a linguaxe do territorio, a súa sensorialidade, o animismo da paisaxe, as múltiples mitoloxías individuais e colectivas e mais a vontade de establecer un dialogo con diversas visións presentes dunha paisaxe ancorada no pasado, que nos proxecta cara a un futuro aínda mais extenso.

Esta exposición, que estará aberta ata o 31 de xaneiro de 2025, é o encontro entre un grupo de artistas que traballan ao redor do noroeste ibérico en todas as súas dimensións: sensorial, mítica, colectiva e persoal; conectando paisaxes, memorias e futuros. Un proxecto que reúne varios artistas do norte de Portugal e Galicia, como António Ramalho, Cem Raios T'abram, Luís Seoane e Federico García Lorca, Jorge Barbi, Daniel Moreira e Rita Castro Neves, Lara e Noa Castro Lema, Laure Mojo, Laxeiro, Mariana Barrote, Mariana Caló e Francisco Queimadela, Maruja Mallo, Carla Andrade, NEG (Nova Escultura Galega), Salvador Cidrás e Vicente Blanco.

Universidade da Coruña (UDC), 2024-10-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES