
Roberto Iglesias Rodríguez é coordinador do grao de Robótica no Campus de Lugo e profesor do departamento de Electrónica e Computación da USC, e Juan Antonio Corrales Ramón é tamén profesor do grao de Robótica no Campus de Lugo e docente do departamento de Electrónica e Computación da USC.
O encontro coordinado pola Comisión de Normalización Lingüística da EPSE, enmárcase na programación desenvolvida ao abeiro do convenio Lugo cultural, froito da colaboración entre a Área de Cultura da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo. A sesión estará moderada por Xosé Ramón Fernández Vidal.
Os Encontros de Lúa Chea continuarán no mes de novembro cando, o xoves 21, tamén ás 19.00 horas, se debata arredor das infraestruturas na provincia de Lugo. Nesta ocasión, falarán David Cota Mascuñana, profesor da área de Enxeñaría e infraestruturas dos transportes e do grao de Enxeñaría civil da USC, e Pedro Blanco Valcárcel, graduado en Enxeñaría civil e doutorando no departamento de Matemática aplicada da USC.
Anna Turbau e Microaberto
Anna Turbau relatará a súa experiencia como fotoxornalista nun encontro que terá lugar o vindeiro 26 de outubro, ás 16.30 horas, na Sala de Prensa do Pazo de Montenegro. Para participar nesta charla moderada por Adra Pallón será preciso inscribirse nun formulario electrónico ata o 24 de outubro. A actividade enmárcase dentro das actividades do Espazo de Fotografía da USC no Campus de Lugo.
Finalmente, a primeira sesión de Microaberto deste curso terá lugar o 28 de outubro, ás 20.00 horas, na cafetaría da Facultade de Administración e Dirección de Empresas coa intervención da artista convidada Laura LaMontagne. As persoas interesadas en intervir cun monólogo, poema, canción ou outro tipo de texto, poderán solicitalo ata o día 23 de outubro inscribíndose nun formulario en liña e enviar as propostas a [email protected]
Cine
Ademais, a Casa do Saber acollerá ás 19.30 horas dos días 16, 23 e 30 de outubro unha proxección cinematográfica. A primeira será The river de Jean Renoir, o día 16; á que seguirán Du Côté de la côte (1958) e La Pointe Courte (1955) de Agnès Varda, o día 23; e Carmiña flor de Galicia, de Rino Lupo, o día 30. A entrada é de balde para a comunidade universitaria e as persoas socias do Club Cultural Valle-Inclán, promotor destas Sesións de Filmoteca, en colaboración coa Filmoteca de Galicia.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.