
A continuación, terá lugar unha mesa redonda con diferentes especialistas nesta materia, na que reflexionarán sobre as oportunidades que ofrece a IA para o talento novo. Será moderada por Amparo Alonso Betanzos, catedrática do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC, e contará coa participación de David Martinez, CEO e fundador da empresa Data Spartan; Ángel Rico, coordinador da IA en Russula; Adolfo Ausín, responsable de Electrónica de Potencia en Norvento; e Silvia Ferreiro, directora de Ciencia de Datos en Inditex. Ao final das xornadas terá lugar un debate cos relatores participantes.
O acceso é gratuíto con inscrición previa, a través da ligazón: https://bit.ly/3N9Vk8F
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.