
Aranda trasladará, de maneira práctica, como abordar as regulacións e os códigos éticos específicos que abrangue esta tecnoloxía, nos que resulta clave a colaboración de perfís diversos en identidade, formación e experiencia.
Éxito de asistencia
Máis de 400 persoas asistiron de maneira presencial aos talleres prácticos HumanIA UDC, nos que se reflexionou sobre aspectos tan relevantes como a regulación da Intelixencia Artificial, o uso no mercado laboral de Chat GPT e outras aplicacións, ou a maneira de impulsar a creatividade con esta nova tecnoloxía en profesións artísticas ou relacionadas coa comunicación audiovisual, musical e de márketing.
HumanIA UDC: O desafío para as Humanidades en tempos da Intelixencia Artificial, lanzado no pasado mes de setembro, ten como obxectivo mostrar o impacto e a potencia da Intelixencia artificial nos estudos e nos postos de traballo relacionados coas Humanidades.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.