
A xornada, que terá lugar en formato virtual, servirá para coñecer o grao de colaboración que, no contexto da economÃa azul, manteñen empresas e grupos de investigación no Espazo Atlántico. Nela expoñeranse os resultados dunha enquisa, desenvolvida no marco deste proxecto europeo, sobre as limitacións, condicionamentos e retos desas sinerxÃas entre o sector privado e os investigadores.
A directora-xerente do Cetmar, Paloma Rueda, será a encargada de inaugurar a xornada na que, tras unha breve presentación do proxecto BlueHuman, se celebrarán dous relatorios sobre o caso dunha molécula de aplicación no tratamento da covid-19 e sobre o restrinxido grupo de fármacos de orixe mariña desenvolvidos ata o momento e empregados contra enfermidades oncolóxicas. A inscrición ao seminario está aberta e os interesados poden acceder tanto ao formulario como ao programa da xornada a través deste enlace.
O consorcio do proxecto BlueHuman, que está financiado polo programa europeo Interreg Espazo Atlántico, leva traballando desde 2018 no desenvolvemento de diferentes liñas de investigación centradas na valorización biotecnolóxica de produtos e subprodutos mariños destinados aos campos da medicina e o coidado da saúde.
Esta iniciativa de investigación está liderada polo grupo de investigación 3B’s da Universidade do Minho e conta ademais coa participación da Fundación Cetmar ou da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia (GNP-AECT). No proxecto BlueHuman traballan socios de España, Portugal, Irlanda, Francia e Reino Unido dun total de 13 institucións, centros de investigación e empresas.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.