
“Un dos indicadores inequÃvocos da grandeza dunha Universidade é a capacidade que esta teña para exportar os coñecementos xerados no seu seo, froito da investigación, do traballo e do esforzo do profesorado e do alumnado”, apuntan dende a organización. “Atopámonos con que moitos e bos proxectos, sustentados en excelentes ideas xurdidas no ámbito universitario, pérdense no tinteiro polo simple feito de que as persoas que os promoven non se atreven a dar o salto e crear a súa propia empresa. Teñen medo ao mundo empresarial porque é percibido como complexo e complicado”, continúan.
En horario de 10.00 a 12.30 horas, o Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais será o escenario no que se impartirá a formación presencial pero retransmitida. Ao longo dos dez dÃas que durará a actividade, o Campus afondará, a través de profesionais de recoñecido prestixio, en temáticas tan diversas como a reformulación de proxectos; a constitución de sociedades, é dicir, a súa forma xurÃdica, os modelos de participación, os estilos de dirección ou os procesos de selección; asà como as habilidades básicas da persoa emprendedora. A análise do mercado, o desenvolvemento da marca persoal, ou a xestión financeira serán outras das cuestións tratadas no Campus de Emprendemento e Empregabilidade da USC. A información relativa ao proceso de inscrición pode consultarse no enderezo electrónico eva.lopez@usc.es
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.