Notas de prensa

Unha publicación sobre a Ribeira Sacra pon en valor a singularidade da súa paisaxe e patrimonio

Pór en valor a xeoloxía, os solos, os viñedos e a cultura dun enclave único como é a Ribeira Sacra. Con este obxectivo presentouse este martes na Deputación de Ourense unha publicación na que se analizan as singularidades da paisaxe e o patrimonio deste enclave xeográfico que comparten as provincias de Ourense e Lugo.

A obra é froito dun estudo liderado desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense no que participou persoal docente e investigador das universidades de Vigo e Santiago de Compostela.

A publicación, coordinada polo catedrático da Ãrea de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Vigo Manuel Arias, contou na súa elaboración con especialistas como os profesores Pedro Araújo e María Teresa Barral, entre outros. Nela analízase en detalle un enclave, a Ribeira Sacra, “formada por 21 municipios de Lugo e Ourense e as canles dos ríos Miño, Sil, Bubal, Lor e múltiples afluentes con cuncas que suman máis de 100 quilómetros”, tal e como se indica na obra. Segundo sinalan en nota de prensa desde o órgano provincial, o libro consta de cinco capítulos e os seus resultados “amosan, como adoita suceder na natureza e na vida das persoas, que o esencial é o invisible para os nosos ollos, de aí a necesidade de ampliar o coñecemento e protexer este recurso oculto, o solo, e implantar as medidas adecuadas para paliar os impactos negativos sobre os elementos principais que constitúen a base da riqueza da Ribeira Sacra”, segundo recolle na introdución da publicación Montserrat Díaz, coordinadora das xornadas Ribeira: conservación do solo e construción da paisaxe.

Na presentación do libro, Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, destacou que con el o órgano provincial “contribúe a divulgar este importante traballo que abrangue estudos de edafoloxía, viñedos, cuberta vexetal, paisaxe, clima, cultura, xeoloxía e xeomorfoloxía, que veñen a ratificar a relevancia deste lugar, cuxa andaina para ser Patrimonio Mundial comezou a instancias da Deputación de Ourense e atópase no seu tramo final”. O responsable provincial indicou que calquera estudo “que contribúa a divulgar as bondades da Ribeira Sacra e que defina a súa situación e a entidade deste territorio contará co apoio da Deputación de Ourense”, subliñando da obra presentada este martes que se trata dunha publicación “chea de compromiso, vocación de estudo e profesionalidade”.

Universidade de Vigo, 2021-05-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (compostela-tradfest-2026.jpg) O Compostela TradFest desenvolverase en tres dos espazos máis emblemáticos do casco histórico compostelán: a Praza da Quintana, a Praza de Mazarelos e a Igrexa da Universidade, integrando o patrimonio monumental da cidade nunha experiencia cultural aberta e gratuíta para todos os públicos. Entre os nomes máis destacados figuran Budiño, un dos grandes referentes da música galega actual; Felisa Segade, unha das voces máis recoñecidas da nova escena tradicional; a artista Ana Alcaide, acompañada polo estadounidense Bill Cooley; o portugués O Gajo ou o arxentino Martín Bruhn.
Foto de la tercera plana (festival.jpg) O porto da Coruña converterase este outono nun dos grandes espazos da música en directo en Galicia coa celebración da segunda edición de Son & Mar A Coruña. Entre o 18 de setembro e o 11 de outubro traerá á cidade máis de 30 artistas en 12 eventos repartidos ao longo de catro fins de semana, reforzando unha proposta que combina música, cultura e territorio. A principal novidade desta edición é precisamente o seu crecemento. Tras a boa acollida da estrea en 2025, Son & Mar A Coruña pasa de seis a 12 eventos, ampliando tamén a súa duración de dous a catro fins de semana consecutivos.

Notas

A USC celebra este ano o centenario da Biblioteca América, unha das coleccións bibliográficas e documentais máis singulares de Europa sobre o continente americano, coa exposición ‘A Biblioteca América: un soño inaugurado en 1926’ que abriu as súas portas no Colexio de Fonseca. A Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela é un dos fondos americanistas máis singulares conservados en España.
A UDC acolleu o curso 'Descarbonización Industrial e Tecnoloxías de Captura, Transporte, Almacenamento e Uso do CO₂: Unha Visión Atlántica', no que se abordaron a redución de emisións en sectores industriais de difícil descarbonización, as cadeas de valor asociadas ao CO₂, as infraestruturas de transporte e almacenamento xeolóxico, así como as diferentes alternativas para a valorización deste gas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES