
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Daniel González, presentaron hoxe no Pazo de San Roque o informe anual de acción exterior de Galicia Nós no mundo. A paradiplomacia galega na nova normalidade e mais o Informe anual do IGADI 2019-2020. Da guerra comercial á Covid-19, ambos os dous traballos publicados co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.
Valentín García destacou o importante nivel desta análise que, desde Galicia e en lingua galega, aborda os temas máis actuais da xeopolítica mundial e global con perspectiva propia.
Acción exterior galega
Nós no mundo é un informe de periodicidade anual impulsado polo IGADI e centrado na acción exterior galega. Na súa edición de 2020, na que á publicación chega á décimo primeira entrega, pon o foco nas temáticas fundamentais neste eido para a vindeira década: o marco político e legal do Goberno galego en acción exterior 2009-2020, o rol da vella e nova diáspora, a radiografía da nosa economía internacional, a aterraxe no sistema institucional galego da Axenda 2030, as relacións de Galicia con China, a lusofonía e o Reino Unido (Post-Brexit), ou o papel da tradución na acción exterior galega.
Chaves da política internacional
Finalmente, Da guerra comercial á COVID19, o Informe anual do IGADI, achega as principais chaves da política internacional do pasado ano 2019 e avanza as perspectivas para o 2020, marcadas contexto da crise planetaria da Covid-19.
Baixo a dirección de Daniel González Palau, director do IGADI, e de Xulio Ríos, o seu presidente de honra, e coa coordinación editorial de Roberto Mansilla Blanco, esta edición do informe conta coa sinatura de apertura do profesor Augusto Zamora e pon o foco en cinco escenarios e outros tantos temas emerxentes na política internacional 2019-2020, agora na nova normalidade.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.