Notas de prensa

O 17° Ribeira Sacra Festival celebra esta fin de semana a súa edición máis especial

Despois duns meses marcados pola incerteza, parece que hai feixes de luz que insisten en abrirse camiño. Un deles é o 17° Ribeira Sacra Festival, que celebrará unha cuarta edición máis íntima, máis próxima, esta fin de semana na Ribeira Sacra. Unha cita na que cada vez a música comparte maior protagonismo coa contorna, buscando proporcionar ao público unha experiencia única, cun formato diúrno e o feito de estar en espazos incribles que se saen do común: adegas, miradoiros, catamarán e as actividades incluídas dentro do Festival.

Desde unha visita guiada pola Reitoral de Gundivós, na que se mesturarán o viño e unha mostra da fabricación da olería da man de Elías González, un roteiro polos Muíños do Xabrega, ata actividades vinícolas, como unha degustación musicada en Regina Viarum ou unha cata homenaxe a Galicia en Vía Romana. Unhas actividades pensadas para descubrir a esencia e o bo da Ribeira Sacra.

Esta nova edición estará marcada polas medidas sanitarias para facer fronte á situación que estamos a vivir, e é a maneira de colaborar na recuperación turística e social do territorio. O festival conta cun protocolo xeral de prevención e actuación elaborado polo equipo profesional que está a traballar no festival e cuxas medidas se están comunicando a cada un dos asistentes, pero tamén a través das canles on- line: uso de máscara, manter as distancia de seguridade e a hixiene de mans, evitar aglomeracións, respectar os carrís de circulación.... E tamén fan fincapé na limpeza de baños e espazos comúns.

O Festival volve contar un ano máis co patrocinio de Cervezas Alhambra, formando parte de Momentos Alhambra. Un ciclo que nace da paixón da cervexeira pola música e polo descubrimento de creacións auténticas, feitas para gozar cos cinco sentidos.

ESCENARIOS MÃXICOS

A música en directo é un dos grandes eixos no que se enmarca o 17° Ribeira Sacra Festival, que contará con todos os recursos previstos e medidas sanitarias por entón para que os artistas asolaguen de música os principais escenarios que forman parte desta cuarta edición á que se incorporou un novo espazo marabilloso, o Eurostars Pazo de Sober. Escenarios en enclaves naturais tan espectaculares como o Escenario Momentos Alhambra, situado no Miradoiro de Santiorxo, como en edicións anteriores, pero este ano tamén no centro histórico de Chantada.

Outra experiencia máxica é a que se vive nunha das principais adegas da zona, Regina Viarum, onde este ano situarase o escenario Fest Galicia; pero tamén en sitios patrimoniais como a Reitoral de Gundivós, ou o Catamarán de Doade, co Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra, que terá lugar o venres 31, e onde os asistentes non descubrirán o nome do artista ata que a embarcación comece a navegar polo río Sil. O acceso a este evento especial, que será para un aforo reducido de acordo coa normativa e con todas medidas de seguridade preestablecidas, realizarase mediante un sorteo activo nestes momentos a través das redes sociais do festival.

PROGRAMACIÓN MUSICAL

O Festival 17° Ribeira Sacra é a cita perfecta non só para quen xa coñece o encanto da zona, senón tamén para todas aquelas persoas que aínda non tiveron a oportunidade de deixarse fascinar por un dos segredos mellor gardados da paisaxe galega, no que este ano, Xoel López presentará temas do seu décimo quinto traballo, do que xa escoitamos adiantos, como 'Tigre de bengala', cheo de frescura e ritmos bailongos, un disco no que o artista dá renda solta por completo á súa imaxinación. A voz emocionante de Ele ecoará durante semanas entre cada recuncho da Ribeira Sacra, mentres que con Guadi Galego viaxaremos ata o seu interior da man de 'Immersion', un álbum gravado con invitados de luxo, como Iván Ferreiro, quen xa gozou da experiencia 17º na primeira edición do Festival.

Durante esta viaxe poderemos saborear o delicioso indie-pop psicodélico dos portugueses Cassete Pirata, sen dúbida, un tesouro de banda por descubrir; do mesmo xeito que Momboi, o seu estilo é moi persoal: cumbia e rumba mestúranse con melodías jazz e funk. A nota de cor poñeraa Elba, con sons pop moi frescos e próximos á electrónica, de onde tamén beben Laura LaMontagne & PicoAmperio, de maneira máis íntima e movéndose desde os loops á tradición galego-portuguesa das “cantigas de amigo”. E do discurso e o poder da canción tradicional galega, tamén por parte tamén de Os amigos dos músicos, pasaremos a Best Boy e as súas cancións folk-pop que acariñan mentres pechas os ollos.

Os abonos e as actividades incluídas dentro do festival están xa esgotadas desde hai meses. Para este ano creouse unha edición máis reducida e de menor formato, o que obrigou a reducir os abonos e os espazos de celebración, e ovento está suxeito a todas as medidas preventivas e recomendacións sanitarias que vaian actualizándose por parte das autoridades.

17º Ribeira Sacra Festival, 2020-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (terceira-idade.jpg) Galicia vén de acadar os 43.000 beneficiarios do Bono Coidado no Fogar e consolídase como referente na atención á dependencia en España. Esta medida pioneira, posta en marcha pola Xunta hai dous anos e única no conxunto do país, permite que as persoas dependentes poidan recibir coidados no seu fogar e forma parte do compromiso da Xunta coa atención á dependencia. Neste sentido, o Executivo autonómico destinou este ano 179 millóns de euros para esta prestación. O Bono Coidado no Fogar consiste nunha axuda de 5.000 euros ao ano para os dependentes que son coidados nos seus domicilios por un familiar ou calquera outra persoa da súa contorna.
Foto de la tercera plana (nenos-clase-estudo.jpg) O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO, 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES