Notas de prensa

A exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, no Museo da Fonsagrada

O próximo luns, día vinte, ás oito do serán, no Museo comarcal da Fonsagrada vaise inaugurar a exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emigrante galego-poeta obreiro”, e presentarase o libro “MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, 25 ANOS DESPOIS”, que recolle medio cento de traballos literarios sobre o escritor de Paradela que foi e segue a ser ponte entre os galegos da terra e os da emigración en Catalunya.

Mostra itinerante e publicación son dúas das accións do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por Galicia Digital, a familia do escritor e o Concello de Paradela, coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, D.O. Ribeira Sacra e Real Academia Galega, contando nesta ocasión tamén coa colaboración do Concello de A Fonsagrada e do Museo fonsagradino.

A exposición –iniciada en Lugo e Paradela- tense xa trasladado aos Centros galegos de Barcelona e Salamanca, Lectorados de Galego en Braga e Porto, Casa de Galicia en Madrid, as sete cidades de Galicia e numerosas localidades do país. O libro de homenaxe ao escritor conta con colaboracións, entre moitos outros autores, de Alonso Montero, Adolfo de Abel, José de Cora, Xesús Mato, Siro, Alfonso Blanco Torrado ou Xavier Rodríguez Barrio.

No acto inaugural participarán os representantes dos concellos de Paradela e Fonsagrada; o Presidente do Museo da Fonsagrada, Xoán Xosé Molina; Santiago Rodríguez, fillo do escritor, no nome da familia e o Director de Galicia Digital, Antonio Giz. Neste acto, o cantautor de Becerreá afincado en Barcelona, Alfredo González Vilela, interpretará varias cancións sobre textos de Manuel Rodríguez López, aos que lles puxo a música e forman parte do seu repertorio habitual.

GaliciaDigital, 2018-08-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES