nadal 2003
Nadal 2003



Baseándose en crenzas relacionadas co solsticio do inverno, o Nadal posúe os seus propios rituais. Símbolo do sol, o neno recén nado ilumina á raza humana ameazada pola oscuridade: é o fillo da Deusa, a Virxe, e a súa forza trascende ata presentarse como unha auténtica manifestación divina: a do Deus Sol.
Entroncando con este significado, atópanse diferentes rituais nadaleiros:

• Recomendase prender lume no fogar e, si é posible, conservar algún dos leños como símbolo ou talismán de protección da casa (entronca coa tradición galega do Tizón de Nadal).

• Tamén é recomendable colocar na casa ferraduras, campaniñas, muérdago ou acibro para a protección do fogar.

• Pódese mercar un regalo (non importa a cuantía económica) para entregar a alguén que amemos, ou a persoas necesitadas como unha forma de agradece-lo recibido e de facernos merecentes dos regalos do Cosmos.

• O máis extendido ritual de Nadal consiste en prender unha vela nadaleira –símbolo de poder de acción e de forza solar- con mistos de madeira ó tempo que se dí: “Poderes do Sol e da Luz, neste día, cando o Sol acada a súa menor forza e, ó mesmo tempo, comeza o seu lento camiño de renacemento, cando nace o neno Deus Sol, pedímosvos que iluminedes esta vela coa forza do renacemento e do poder de crecemento”. Se o ritual se fai en grupo débese prender unha vela por cada persoa presente –ata un máximo de tres-, para, logo de deixalas arder uns minutos, apagalas sen soplar e deixando arde-la vela central ata consumirse. As apagadas gardaranse para volvelas prender ó longo do ano se se fan peticións relacionadas con saúde, prosperidade, amor e protección, deixándoas consumir totalmente ó tempo que se formula unha oración xunto coa petición, permanendo diante da vela uns quince minutos. Débese, tamén, arroxar purpurina dourada ó aire sobre sí mesmo, os presentes e as entradas da casa ó tempo que se pronuncia: “que este polvo dourado ilumine o camiño de chegada á boa fortuna”. Logo do ritual, se se fai en grupo, recomendase ter un agasallo que intercambiar cos demáis presentes. Se o ritual se fai en solitario, o agasallo pódeselle entregar posteriormente a unha persoa apreciada ou a alguén necesitado.