nadal 2003
Nadal 2003


1.- RECOPILACIÓN DE CANTOS DE REIS
Recolle-lo aguinaldo dos veciños era un dos principais motivos dos cantos de reis tan populares na nosa tradición oral de Nadal. Reproducimos algúns que foron recopilados polos alumnos do Real Seminario Santa Catalina de Mondoñedo (e que hoxe forman parte da publicación “A Carón do Lume”), e os xuntados por Mini e Mero no libriño “A Carón da Escola (2)” con aportacións de distintos colexios púbicos galegos.


“Día de Reis, día de Reis,
primeira festa do ano,
entre damas e doncelas,
imos pedi-lo aguinaldo. 19

Si nos queren da-lo aguinaldo,
non nos fagan agardar,
somos de lonxanas terras,
e temos moito que andar.

E ese señor Emilio,
posto nunha vidrilleira,
parece unha rosa fina,
cando sae da roseira.

E ese señor Xosé Luis,
moito lle pinta a chaqueta,
meta a mao no seu bolsillo,
e tíreme unha peseta.

¿De quen son eses botines,
que están debaixo da cama?
Son da señorita Olga,
que ten cara de madama.

A ese señor Tomás,
moito lle pinta o sombreiro,
meta a mao no seu bolsillo,
denos un pouco de diñeiro.

Aquí vén a vella,
co aguinaldo,
parecelle moito,
e vaille quitando.

Cántolle os Reis
guedellos de cabra,
cántolle os Reis,
e non nos dá nada.

Estas portas son de ferro,
aquí vive un caballero.
Estas portas son de estopa,
aquí vive un lapasopas.

(Aportado polo C.P. de O Bolo, Ourense)




Cantámosche os Reices
perniñas de cabra,
cantámosche os Reices
non nos deches nada.

Déanos, señora,
aunque sea pouco
un touciño enteiro
e o anaco doutro.

Moito anos viva
la dueña de casa
que en dar aghinaldo
nunca foi escasa.

Muchos años viva
el dueño también
todo el mundo dice
que es hombre de bien.

Ay devina estrella
ay devina luz-e
vamos a la casa
del Niño Jesús-e.

El Niño Jesús-e
más claro que on sol-e
lo parió su madre
sin tener dolor-e.

(Presentado polo C.P. de Xanceda
Mesía –A Coruña)

Aquí vienen los tres Reises,
dispuestos para cantar-e
por ser el Rey de los Reises
lo venimos a adorar-e.

Aquí hai mociñas
que gastan chaqueta
que nos han de dar
a media peseta.

Aquí hai mociñas
que gastan salero,
que nos han traer
o viño no xerro.

Déannos, señores,
déannos a nós,
polo nacemento
do Neno de Dios.

Déanos señore
anque sea pouco,
touciño e medio
e a metá de outro.

(Presentado polo C.P. de Cerceda)

Cuatro nobles somos
los que aquí venimos
si nos dan licencia
los Reyes decimos.

Otros cuatro somos
los que aquí llegamos
si nos dan licencia
los Reyes cantamos.

Escuchen, señores,
un caso saliente,
que los tres Reis Magos
se apartan de Oriente.

Se apartan de Oriente
y dejan su reino
sólo por buscar
al Rey de los Cielos.

Fueron caminando
con grandes deseos
y siempre diciendo
¿donde lo hallaremos?

Por tales deseos
que llevan de hallarlo
a casa de Herodes
fueron preguntando.

Les contesta Herodes
con soberbia a ellos:
¿Qué es lo que buscais
por estos mis reinos?

Al César, el rey
que es muy poderoso;
venimos buscando
por El Niño Hermoso.

Al César, el rey,
rey de Monarquía,
venimos buscando
la Virgen María.

En un Portal viejo,
viejo y derrubado,
allí lo hallaron,
pobre y desnudado.

Envuelto en un velo
para presentar,
estrella le guía
que allí ha de estar.

(Recollido na parroquia de Vimianzo)



“REICES VELLOS DE XANCEDA”

De lejos venimos
los que aquí llegamos
se nos dan licencia
os reices cantamos.
Y si no la dan
señor cantaremos
con buenas palabras
encomenzaremos.
É descortesía
é desobediencia
a puerta de un hombre
cantar sin licencia.
Cantade muchachos
que es preciso andare
y antes de las doce
a Belén llegare.
A Belén camina
la Virgen María
San José llevaba
en su compañía.
Como quier que yo vaia
en su compañía
está la noche oscura
perderán la guía.
Compañía santa
digna de adorare
antes de las doce
a Belén llegare.
Esta estrella nueva
que nos ilumina
contempla sus tierras
con grande alegría.
Denos aguinaldo
si no-lo han de dar
que somos de lejos
queremos marchar.
Déanos aguinaldo
anque sea pouco
touciño e medio
e a mitá de outro.
…………………….
…………………….
Quédense con Dios señores
hasta el año que volvamos
si pal año no volvemos
que en el cielo nos veamos.




Estas portas son de papel,
aquí vive don Manuel;
Dios lle dea tantas vacas
como no curral hai lapas.

Deseamos os reises
anque señan poucos:
un touciño enteiro
e a mitá do outro.

Deseamos os reises
si nolos han dar,
que somos de lonxe
e hai moito que andar.

Traemos a bota
para levar o viño,
a cesta prós ovos
e un caraveliño.

Déannos os reises,
señores, por Dios,
déannos os reises
e quedan con Dios.

Nesta casa caleada,
caleada de pemento,
que por moitos anos vivan
os señores que están dentro.

(Se non lles daban nada remataban así)

Cantámoslle os reises
guedellos de cabra;
cantámoslle os reises
e non nos deches nada.

(Recollido en Mondoñedo polo colectivo Amencer)




Tres peregrinos veñen
tras dunha estrela;
dúrmete, neno meu,
se queres vela.

Tres mariñeiros veñen
tras dun luceiro;
dúrmete, neno meu,
se queres velo.

Dúrmete, neno meu,
meu neno, dúrmete;
tras dunha estrela veñen
polo deserto tres reis.

(Recollido en Arante, Ribadeo, por Xosé Vega Pérez)




Os tres camelos dos reis
ó chegaren a Galicia,
como non viron deserto,
morrían os tres de risa.
E, ó veren tanta auga
nos regatos e nas rías,
_¡Que catarro imos coller
como veña unha chovisca!
Melchor taca unha gaita,
Baltasar un tamboril,
o Gaspar, que non é músico,
alumea cun candil.

(Recollido no Couto de Outeiro, Mondoñedo, por Carlos Gómez


Se queres enviarnos un conto ou canto de Nadal e Reis, podes facelo a través de: