Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra, Begonte (Lugo) (II)

jueves, 01 de junio de 2006
VI.- FEITOS TRANSCENDENTAIS VINCULADOS CO SANTUARIO
O santuario conta coas correspondentes narracións orais encamiñadas a amosar o poderío da Virxe dos Milagres. Distinguimos dun xeito preferente estas tres:

1ª.- “En tempos da francesada, no ano 1809, os invasores tentaron entrar no templo cos seus cabalos para alí pasar a noite. Pero víronse sorprendidos, xa que, malia reiteradas insistencias, non conseguiron penetrar e profanar o templo, proba da protección sacra de que gozaba este lugar, reservado como morada da Virxe.”

2ª.- “O señor de Vilaguisada tiña un criado que saiu unha noite a beber cuns coñecidos. Éstes matárono e o deixaron diante da porta do curral do seu amo. A xustiza levou preso ao señor de Vilaguisada como autor do crime, negando éste tal feito. Antes de ser xulgado, pediu ir rezar á Virxe dos Milagres, séndolle concedida tal petición. Entón, indo polo camiño real, pasaron diante dun lugar chamado Fontetián, onde naquel tempo había unha fonte ligada ao culto á Virxe. Neste lugar pediu aos seus gardas que lle deixasen beber, ao que estes accederon. Isto deu lugar a que as cadeas coas que viña preso caesen aos seus pés. Pero os gardas volveron poñerllas, sendo conducido ao santuario. Alí, ao rezar as primeiras oracións, volvéronlle caer as cadeas, quedando deste xeito, para confusión dos seus acusadores e sen necesidade de xuizo, demostrada a súa inocencia. Este señor, logo de varios anos, morreu, sendo enterrado no lado esquerdo do altar. Dise que o día do seu enterro a comitiva cubría unha distancia de tres quilómetros”.

3ª.- “Nunha casa chamada do Pozo, preto do santuario, declarouse un incendio nun palleiro situado na eira. As lapas eran tan considerables que ameazaban con propagarse a cinco medas. Un membro da familia, ante a posibilidade de quedar sen colleita de gran aquel ano, acudiu á rectoral, rogando ao párroco que lle deixase levar a imaxe da Virxe ata a súa casa. Obtido o permiso e levada a Virxe ao lugar do incendio, o vento cambiou de dirección, cesando o perigo de propagación do lume.”

Estes feitos quedan reflectidos nunha serie de cantos, que se lle dedican á Virxe no seu novenario.


CANTOS A LA VIRGEN DE LOS MILAGROS

Vos sois sol y luna hermosa
de más alta luz origen,
ruega por nosotros, Virgen,
Reina y Madre Milagrosa.

Devuelves la libertad
que pide con ansiedad
de rodillas a tus plantas
al que gime prisionero.
Y sus cadenas quebrantas
con virtud prodigiosa.

En este mismo lugar,
han visto con excelencia
que por vuestra sola presencia
los incendios se apagaron.
Escucha, pues, tu cantar,
Madre mía bondadosa.

En este lugar dejaste
tu imagen consoladora,
en Saavedra, ¡oh, gran Señora¡
Parece que señalaste
el punto donde enseñaste
Ser Vos sola Milagrosa.

Cuando al impío francés
profanar quiso este templo
llevó gran lección y ejemplo
sujetándole los pies.
Para que conozcan quien es
la que es grande e poderosa.

Los romeros a millares,
vienen a ver el portento,
por sus devociones singulares
les das gracias especiales.
Y cantan emocionados
¡Salve Virgen Milagrosa¡


BIBLIOGRAFÍA
BLANCO PRADO, José Manuel. Religiosidad popular en el municipio de Begonte, Lugo: Deputación provincial, 1993.
BLANCO PRADO, José Manuel. Exvotos e rituais nos santuarios lucenses, Lugo: Deputación provincial, 1996.
DÍAZ TEIJEIRO, José. Recuerdo del Santuario de Nuestra Sra. de los Milagros de Saavedra (Lugo), Lugo: Ed. Celta, 1953.
GONZÁLEZ REBOREDO, Xosé Manuel. “Saavedra (Begonte). Iglesia parroquial”, en Inventario Artístico de Lugo y su provincia. Ministerio de Cultura. Dirección
General de Bellas Artes, Archivos y Bibliotecas. T. V, Madrid, 1983, paxs. 453-454.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Emancipación: As cambiantes condicións de vida reflíctense día a día na sociedade, sendo ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoci�n Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información