Noticias

En Marea confirma ante el Rey que apoyaría un Gobierno de Pedro Sánchez y pide que se abra el debate sobre la reforma de la Constitución

La representante de En Marea, Alexandra Fernández, plantea la necesidad de abrir el debate sobre la reforma de la Constitución para conseguir otro modelo de Estado. Así lo planteó en su audiencia con el Rey Felipe VI ante quien también confirmó su predisposición a apoyar un posible Gobierno del líder del PSOE, Pedro Sánchez, "con un proyecto de izquierdas". En Marea dice que hizo todo lo posible por tener un grupo propio al que renunció finalmente por "falta de garantías" de que pudiera prosperar.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de Casa Real:

Alexandra Fernández Gómez, de En Marea (PODEMOS-En Marea-ANOVA-EU), fue recibida por el Rey en el marco de las consultas con los representantes designados por los grupos políticos con representación parlamentaria. ​on Felipe recibió en audiencia a Doña Alexandra Fernández Gómez, representante designada por En Marea (PODEMOS-En Marea-ANOVA-EU) para formar parte de la ronda de contactos de Su Majestad el Rey con los grupos políticos que han obtenido representación parlamentaria, según lo establecido en el artículo 99.1 de la Constitución Española.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

En Marea, que se presentou con voz propia ás eleccións xerais do 20D, resolveu o bloqueo da Mesa do Congreso ao grupo parlamentario creando unha alianza estratéxica e fraternal coas forzas que no resto do Estado trouxeron o cambio e a ruptura coa vella política: o grupo plurinacional Podemos-En Comú Podem- En Marea.

"Esgotamos as vías de diálogo e atopamos unha negativa rotunda a entender a realidade plurinacional. Non quixemos deixar que nos seguisen marcando o camiño e a creatividade fíxonos buscar unha solución cos demáis aliados pola ruptura co Réxime. Esta é a mellor opción dentro das posibles para representar as diferentes voces que saíron do 20D. Os partidos do búnker seguirán sen entender nada", declarou a portavoz de En Marea Alexandra Fernández.

"Hai xente que se cre que é propietaria desta casa e pensa que pode xogar coa vontade de millóns de votantes. Non quixemos seguir sendo marionetas e estamos satisfeitos con esta alianza, pero nalgún punto chegamos a pensar que o PSOE estaba negociando a súa investidura cun tema tan serio", denunciou o portavoz de En Comú Podem Xavier Domènech.

"Trátase dun grupo plurinacional de organización confederal para traballar de igual a igual. Enfronte había nula vontade política por parte de organizacións que apoiaron outras forzas e aplicaron un dobre raseiro. Foi a proba definitiva de que non era unha cuestión legal senón unha excusa", engadiu o portavoz de Podemos, Íñigo Errejón.

A Agrupación Parlamentaria En Marea, integrada no Grupo Plurinacional en pé de igualdade co resto das forzas, suporá na práctica que Galicia e os seus intereses teñan voz propia no Congreso dos Deputados e a cidadanía galega estea representada: portavocía propia, participación en debates, axenda propia, entidade xurídica e independencia política e económica.

Dende En Marea lamentamos que a Mesa do Congreso non teña estado á altura da súa responsabilidade e que priorizara intereses partidarios fronte á vontade expresada polo pobo galego nas eleccións do pasado 20D.

A portavocía da Agrupación Parlamentaria En Marea, que será rotatoria, corresponderá inicialmente a Alexandra Fernández.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de Casa Real

R., 2016-01-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES