Noticias

A Alianza polo clima suma o apoio de Iberconsa para seguir creando sinerxías na loita contra o quecemento global

A Alianza galega polo clima sumou o apoio de Grupo Ibérico de Conxelados co obxectivo de seguir creando sinerxías na loita contra o quecemento global, tal e como explicou a vicepresidenta segunda, Ángeles Vázquez, durante a sinatura do convenio de adhesión co director executivo da empresa, Alberto Freire. Logo de salientar que esta Alianza conta xa con preto de 120 entidades -universidades, autoridades portuarias, clubs deportivos ou empresas-, Vázquez incidiu na importancia do apoio de Iberconsa a esta “acción pioneira” que quere conectar ao tecido produtivo e social para traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas para alcanzar a neutralidade climática.

Nesa liña, segundo lembrou a vicepresidenta segunda en funcións, a adhesión a esta Alianza supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia; fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre este tema; promover e apoiar a investigación vinculada ao clima, e acelerar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.

Ángeles Vázquez subliñou a relevancia da adhesión de Iberconsa a esta Alianza que nos permitirá ser máis fortes na loita contra o cambio climático ao ser un referente no ámbito da pesca con 40 anos de experiencia e con presenza nos 5 continentes. Con esta sinatura Iberconsa “reforza o seu compromiso cunha pesca sostible e compatible co medio ambiente”, engadiu.

A maiores, Ángeles Vázquez puxo en valor que se trata dunha compañía clave na puxanza da industria pesqueira galega, ao dar emprego a máis de 520 familias e xerar riqueza por valor de máis de 400 millóns de euros.

Fitos acadados e desenvolvemento lexislativo

Cómpre lembrar que Galicia leva anos traballando para mellorar a súa capacidade de resiliencia ante o cambio climático. De feito, xa acadou fitos decisivos como ser a segunda comunidade que máis reduciu as emisións de gases de efecto invernadoiro en 2021 ou a redución dun 34% de emisións brutas de GEI respecto a 1990 -ano que se toma de referencia-, máis de 34 puntos porcentuais por enriba da media nacional.

Ademais, 1 de cada 5 toneladas de carbono que se absorben en España faise en Galicia-9,7 millóns de toneladas en 2021-, o que a converte na primeira comunidade do Estado nesta materia.

Nesa liña, a Xunta, ademais de publicar recentemente a Guía de contratación pública ecolóxica, está a desenvolver a que será a primeira lei do clima de Galicia, co obxectivo de acadar a neutralidade climática en 2040. E de cara a avanzar nese obxectivo, este ano porá en marcha o servizo de asesoramento técnico ‘Galicia Resiliente’, que orientará tanto a entidades públicas como privadas sobre medidas ou proxectos para adaptarse aos efectos do cambio climático.

R., 2024-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o sábado 8 de xuño nos exteriores do complexo e nesta ocasión contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade lúdico festiva contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes durante a mañá. A carreira celébrase co obxectivo de gozar coa práctica deportiva nun enclave singular como é o Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia. Está artellada co ánimo de que os participantes o pasen ben durante o percorrido e no fin de festa.

Notas

A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
Baixo o título Love Velo, ata finais de maio pode visitarse na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense unha exposición biográfica arredor da figura de Xosé Velo, que a principios de 1961 dirixiu o secuestro do transatlántico Santa María para denunciar internacionalmente as dúas ditaduras ibéricas. Xosé Velo Mosquera, explícase na exposición, naceu en Celanova en 1916. Membro do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas, chegou a ser elixido secretario xeral desta organización en 1935.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES