Noticias

O Cesga fai balance dos seus trinta anos coa vista posta nun segundo computador cuántico e o supercomputador Finisterrae IV

Desde 1993, o Cesga foi varias veces líder a nivel estatal en capacidade de cálculo, destacando o fito de converterse no ano 2007 en Infraestrutura Científico-Tecnolóxica Singular como membro da Rede Española de Supercomputación. En 30 anos, o centro multiplicou por 2 millóns a potencia do primeiro supercomputador, por 250.000 a capacidade de memoria e por 3 millóns a de almacenamento. O nacemento do Cesga coincidiu coa extensión do uso de internet en Galicia a través da RedIris. Entre os seus maiores activos atópanse os seus recursos humanos, que pasaron de 6 a 51, e a ampla comunidade de usuarios, que pasou de 89 a máis de 1.150 actualmente.

A directora da Axencia Galega de Innovación e presidenta do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Patricia Argerey, participou esta mañá nun evento de conmemoración do trinta aniversario do Cesga, xunto ao director do centro, Lois Orosa, o subdirector técnico, Ignacio López, o ex-presidente do centro, Miguel Ángel Ríos, e o ex-director, Antonio Casares.

A directora de Gain destacou a posición de vangarda que ocupa o centro no eido da computación de altas prestacións coas actuais infraestruturas, como o Finisterrae III, a segunda máquina de cálculo científico máis potente do Estado, e o computador cuántico con máis cúbits do Sur de Europa instalado nunha institución pública. Argerey apuntou que estas capacidades sitúan ao Cesga como un socio tecnolóxico fundamental e locomotora do ecosistema galego de innovación e destacou a súa contribución a proxectos en eidos como a saúde, a educación ou a industria.

Argerey anunciou que a aposta da Xunta de Galicia por este centro desde a súa creación no 1993, verase reforzada cun investimento de 55 millóns de euros, cofinanciados con fondos europeos do Ministerio de Ciencia e Innovación, para a adquisición dun novo computador cuántico, o QMIO II, e o supercomputador Finisterrae IV, entre outras actuacións. Con este investimento, aspírase a converter ao Cesga no horizonte do 2030 nun referente europeo en supercomputación e computación cuántica que contribúa a mellorar a competitividade da nosa economía en beneficio da sociedade.

Balance de trinta anos

Desde 1993, o Cesga foi varias veces líder a nivel estatal en capacidade de cálculo, destacando o fito de converterse no ano 2007 en Infraestrutura Científico-Tecnolóxica Singular como membro da Rede Española de Supercomputación. En 30 anos, o centro multiplicou por 2 millóns a potencia do primeiro supercomputador, por 250.000 a capacidade de memoria e por 3 millóns a de almacenamento.

O nacemento do Cesga coincidiu coa extensión do uso de internet en Galicia a través da RedIris. Entre os seus maiores activos atópanse os seus recursos humanos, que pasaron de 6 a 51, e a ampla comunidade de usuarios, que pasou de 89 a máis de 1.150 actualmente. Destaca a súa vocación de colaboración co resto de axentes do ecosistema galego de innovación, cos que mantén conexións, así como co resto de centros de supercomputación de España e Europa e as redes de comunicacións nacionais e internacionais.

No eido da contribución á sociedade, as súas infraestruturas contribúen a proxectos de predición meteorolóxica e do risco de inundacións, predición mariña europea, almacenamento e análise de datos xenómicos ou á aplicación do Big Data e da Intelixencia Artificial á industria, entre outros. Por último, sinalouse que un dos retos para os vindeiros anos é a atracción e retención de talento.

R., 2023-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía. Ao longo do mes das Letras, o Gaiás organiza propostas como unha lectura participativa de poemas, un encontro con rapazada de centros de ensino, unha exposición bibliográfica ou dúas propostas teatrais —para público adulto e público familiar—. A primeira destas actividades será o mércores 8 de maio, e consistirá nun encontro entre alumnado de dous dos institutos nos que Luísa Villalta se desempeñou como profesora e activista cultural.
Foto de la tercera plana (tomas-barros-pardo.jpg) De pais galegos, nace en Toledo, aos sete anos volve a Galicia e instálase coa familia en Ferrol. Na súa adolescencia séntese atraído pola pintura e recibe clases do pintor ferrolán Felipe Bello Piñeiro, cursa estudos de maxisterio e exerce como mestre nacional en varias escolas. Máis tarde, en 1947 trasládase a Madrid para estudar belas artes na Escola de San Fernando, e licénciase en 1951. É nesta época cando abandona a pintura realista e entra en contacto coa corrente expresionista europea coa que sente afinidade non só no aspecto formal senón tamén polos seus contidos sociais. É tamén a época en que empeza a escribir as súas primeiras novelas e a interesarse pola filosofía, o ensaio e a literatura.

Notas

Desde este xoves a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a exposición De pictura, con obras do artista Juan Carlos Meana (Vitoria-Gasteiz, 1964-Pontevedra, 2023) e comisariada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Buxán. A mostra, que pon o foco na faciana máis pictórica do homenaxeado, enmárcase no ciclo expositivo Reciprocidade, coordinado por Javier Blanco Sierra, e será a que peche a programación desta sala do curso académico 2023/2024.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) presentou na facultade de Filoloxía o nodo galego da rede CLARIAH-ES, conformado polo propio ILG e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). CLARIAH-ES é unha infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte dos consorcios europeos de investigación CLARIN -tratamento da linguaxe no eido da informática- e DARIAH -ensino e investigación no ámbito das humanidades dixitais-.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES