Noticias

Unha enquisa de residentes revela que un 90% dos galegos valora positivamente a actividade turística no seu municipio

Esta sondaxe, elaborada pola Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia amosa unha valoración global moi positiva. Nos últimos anos, entre o 86 % e o 90 % dos galegos valora de forma positiva ou moi positiva a presenza de turistas en Galicia. Son porcentaxes que apenas varían desde o ano 2021 e que son maiores naqueles segmentos vinculados directa ou indirectamente co turismo e moi positiva tamén no resto da poboación. Se nos cinguimos a este mesmo ano 2023, a valoración é dun 8,2 entre os que teñen unha relación directa ou indirecta co turismo e dun 7,6 o resto.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe no foro Conversas: cara un turismo consciente, organizado por Radio Galicia onde reivindicou a hospitalidade dos galegos que se sustenta, avanzou, nos resultados preliminares da Enquisa de Residentes coa que o Goberno autonómico está a analizar a percepción dos galegos fronte a actividade turística.

Como explicou, esta sondaxe elaborada pola Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia amosa unha valoración global moi positiva. En concreto, nos últimos anos, entre o 86 % e o 90 % dos galegos valora de forma positiva ou moi positiva a presenza de turistas en Galicia. Son porcentaxes que apenas varían desde o ano 2021 e que son maiores naqueles segmentos vinculados directa ou indirectamente co turismo “e moi positiva tamén no resto da poboación”, indicou.

En concreto, como engadiu, se nos cinguimos a este mesmo ano 2023, a valoración é dun 8,2 entre os que teñen unha relación directa ou indirecta co turismo e dun 7,6 o resto da poboación. “Cifras moi boas en ambos casos que nos permiten establecer unha visión global da situación e seguir avanzando para ofrecer un modelo turístico ordenado e sustentable que nos axude a repartir territorialmente os beneficios que o turismo ofrece e incrementar así o grao de satisfacción da sociedade galega”, indicou.

Modelo planificado

Como explicou, esta enquisa dirixida aos residentes na comunidade naceu como proxecto piloto no 2020 co obxectivo inicial de coñecer a intención de viaxe dos galegos en contexto de pandemia ao tempo que buscaba medir a súa percepción e valoración respecto da actividade turística e os seus impactos. Nos anos sucesivos e coa recuperación paulatina do turismo, a enquisa estase focalizando na percepción do turismo.

“Trátase dunha liña de traballo que se aliñea co noso compromiso por planificar, coñecer a realidade actual e ter unha folla de ruta ordenada que nos permita actuar”, engadiu.

Salientou tamén que o Goberno autonómico conta ademais con ferramentas como o Plan Director dos Camiños de Santiago, en marcha desde o ano pasado, ou a futura Estratexia turística 2024-2030 na que xa se está a traballar da man das universidades e o sector para seguir planificando os plans de traballo dos próximos anos.

R., 2023-10-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (arte-multiple-uvigo.jpg) A característica fundamental de artes gráficas como o gravado é a existencia dunha matriz a partir da que poden xerarse diferentes obras. Partindo dese elemento, a propia evolución da arte contemporánea e os avances tecnolóxicos transformaron nas últimas décadas a noción de arte múltiple, cara o que o grupo dx5 (Digital & Graphic Art Research), da UVigo, denomina 'gráfica de campo expandido', concepto que tamén fai referencia a como a gráfica contemporánea abandona o seu carácter bidimensional para 'conquistar o espazo'. Para afondar nestas ideas, o grupo promove o VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira 'O múltiple que ocupa o espazo', con tres exposicións, conferencias e intervencións no espazo público.
Foto de la tercera plana (praias-05.jpg) Galicia contará este ano cun total de 114 praias pertencentes a 35 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor recoñece a areais de todo o mundo seleccionados en base a rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).

Notas

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, arrancaba esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia baixo o lema “Mellor, de Madeira” e prolongarase ata o venres. O seu obxectivo é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, inaugura este xoves 9 de maio a súa sétima edición cunha completa programación de actividades culturais e artísticas que achegarán ata o próximo 19 de maio á cidade da Coruña a figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, nacional e internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES