Noticias

O Gaiás analiza o fútbol como ferramenta de inclusión social cunha mesa redonda de equipos con xogadores con discapacidade

A Cidade da Cultura de Galicia puxo o foco no importante valor do fútbol como ferramenta de inclusión social e superación persoal na mesa redonda organizada esta tarde, dentro da programación de actividades ao redor da exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol, que acolle ata o 1 de setembro o Museo Centro Gaiás. Esta xornada dálle continuidade ao programa de actividades que se puxo en marcha para dinamizar e arroupar Valor e mestría, a exposición sobre os 143 anos de historia do fútbol galego. Abriuse ao público o pasado 15 de abril, está organizada pola Xunta de Galicia coa Fundación Cidade da Cultura e conta coa colaboración da Federación Galega de Fútbol, La Liga Santander e a Secretaría Xeral de Igualdade.



Moderada por Juan Luis Cudeiro, xornalista deportivo de El País, abordouse este tipo de experiencias en equipos inclusivos co coordinador do proxecto de integración do Club Deportivo Lugo, Julián Castaño; coa directora da área social da Fundación Real Club Deportivo, Gelines Romero; e con Alexandre Abalde, técnico da Fundación Celta Integra, equipo que lidera, neste intre, La Liga Genuine Santander, onde xogan estas tres formacións galegas. Entre todos completaron os relatos e as historias de superación que se viven nesta competición pioneira no mundo, organizada por La Liga Santander, e que está integrada por equipos con xogadores con discapacidade intelectual.

Con esta actividade a Cidade da Cultura procurou enxalzar as compoñentes afectivas, psicolóxicas, de superación e integración dun deporte que vai máis aló dunha actividade física ou competitiva. Neste senso, as persoas con discapacidade que xogan nestes equipos apóianse na práctica deste deporte polos efectos beneficiosos que supón, en canto a superación de barreiras e mellora da autoestima, á vez que é un importante instrumento de inclusión social.

Homenaxe a clubs pioneiros en Galicia

Esta xornada dálle continuidade ao programa de actividades que se puxo en marcha para dinamizar e arroupar Valor e mestría, a exposición sobre os 143 anos de historia do fútbol galego. Abriuse ao público o pasado 15 de abril, está organizada pola Xunta de Galicia coa Fundación Cidade da Cultura e conta coa colaboración da Federación Galega de Fútbol, La Liga Santander e a Secretaría Xeral de Igualdade.

Precisamente, o vindeiro 25 de abril o Museo Centro Gaiás acollerá unha homenaxe a clubs pioneiros galegos. Para participar nesta mesa redonda só será necesario inscribirse na páxina web da Cidade da Cultura de Galicia, na que nos vindeiros días se activarán as reservas, xa que é de balde pero con prazas limitadas.

A seguinte acción deste programa de actividades ao redor de Valor e mestría será durante o mes de maio cuns encontros de escolares de fútbol base con futbolistas da elite. Trátase de xuntar alumnado de centros educativos cun futbolista profesional en horario escolar. O formato será de tres futbolistas diferentes en tres días. Contarase para esta actividade coa participación dunha ou dun xornalista deportivo que centrará a conversa no deporte ao longo da vida desde as categorías inferiores, desafíos no deportista adolescente, e as adaptacións ás novas culturas, ás novas realidades e cidades que viven no seu periplo como xogadores.

En agosto, organizaranse na Cidade da Cultura encontros con seareiros e seareiras — provenientes de peñas de equipos galegos— con ex futbolistas profesionais e que son referentes históricos para estas asociacións de afeccionados. Deste xeito, celebraranse na exposición visitas temáticas facendo fincapé na historia de cada equipo e nos obxectos presentes en Valor e mestría relacionadas cos mesmos.

Revivir partidos épicos cos seus protagonistas

Na Cidade da Cultura de Galicia tamén se revivirán fazañas e épicas futbolísticas gloriosas de clubs ao retransmitir partidos históricos como a final da Copa do Rei entre o Dépor-Valencia de 1995 ou Celta-Benfica de 1999, comentados por parte dos seus protagonistas.

Trátase de ver o partido íntegro, para que as e os afeccionados poidan revivilo, pero co valor engadido que suporá que os comentarios que se escoitarán mentres se ven as imaxes serán dalgúns dos xogadores que viviron ese momento tan importante para a historia do seu club.

O programa de actividades completarase con xornadas de xornalismo deportivo, nas que se intentará contar cos máximos referentes en comunicación de deportiva; con visitas á exposición Valor e mestría por parte da primeira plantilla dos clubs de fútbol galego; xunto a outras accións que están a ser xestionadas e pechadas neste momento.

R., 2019-04-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía. Ao longo do mes das Letras, o Gaiás organiza propostas como unha lectura participativa de poemas, un encontro con rapazada de centros de ensino, unha exposición bibliográfica ou dúas propostas teatrais —para público adulto e público familiar—. A primeira destas actividades será o mércores 8 de maio, e consistirá nun encontro entre alumnado de dous dos institutos nos que Luísa Villalta se desempeñou como profesora e activista cultural.
Foto de la tercera plana (tomas-barros-pardo.jpg) De pais galegos, nace en Toledo, aos sete anos volve a Galicia e instálase coa familia en Ferrol. Na súa adolescencia séntese atraído pola pintura e recibe clases do pintor ferrolán Felipe Bello Piñeiro, cursa estudos de maxisterio e exerce como mestre nacional en varias escolas. Máis tarde, en 1947 trasládase a Madrid para estudar belas artes na Escola de San Fernando, e licénciase en 1951. É nesta época cando abandona a pintura realista e entra en contacto coa corrente expresionista europea coa que sente afinidade non só no aspecto formal senón tamén polos seus contidos sociais. É tamén a época en que empeza a escribir as súas primeiras novelas e a interesarse pola filosofía, o ensaio e a literatura.

Notas

Desde este xoves a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a exposición De pictura, con obras do artista Juan Carlos Meana (Vitoria-Gasteiz, 1964-Pontevedra, 2023) e comisariada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Buxán. A mostra, que pon o foco na faciana máis pictórica do homenaxeado, enmárcase no ciclo expositivo Reciprocidade, coordinado por Javier Blanco Sierra, e será a que peche a programación desta sala do curso académico 2023/2024.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) presentou na facultade de Filoloxía o nodo galego da rede CLARIAH-ES, conformado polo propio ILG e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). CLARIAH-ES é unha infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte dos consorcios europeos de investigación CLARIN -tratamento da linguaxe no eido da informática- e DARIAH -ensino e investigación no ámbito das humanidades dixitais-.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES