Noticias

Once bandas musicais galega estarán na Monkey Week de Sevilla

As bandas galegas terán unha importante presenza na décima edición da Monkey Week Son Estrella Galicia, que por terceiro ano consecutivo se celebra en Sevilla. Once delas desprázanse ata a capital sevillana co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, a través do acordo acadado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a organización deste encontro internacional para dar conta –baixo a marca GalicianTunes– da puxanza da nosa escena musical independente a nivel estatal. Novedades Carminha é, por exemplo, un dos cabezas de cartel da que é a edición máis grande, profesional e internacional da Monkey Week, que se desenvolve durante toda a semana en numerosos escenarios de Sevilla.

O grupo compostelán actuará este venres 23 no Teatro Alameda, encabezando ademais a representación galega que ofrecerá showcases tanto o venres como o sábado 24 noutros seis espazos. A través deles, reflectirase unha variada panorámica sonora que vai desde a revisión máis vangardista das raíces tradicionais ata a electrónica ou o hip hop, entre outros moitos estilos.

O venres será tamén a quenda de Baiuca, o novo grupo de Alejandro Guillán, que repetirá actuación o sábado; Boyanka Kostova, pioneiros do trap en galego, con dous directos ese mesmo día; o trío de hip hop Seda; os sons psicodélicos de Bifannah; a ‘psychocumbia’ de Esteban y Manuel; e Yuraq Walla, o proxecto en solitario de Guillermo Cavero.

Estes showcases galegos do sábado estarán protagonizados polo folk-pop de Peña; Mounqup, alias da francesa afincada en Galicia Camille Hédouin; o quinteto Puma Pumku e o seu rock psicodélico; e o dance-rock de Ladrillo y Mujer.

Os grupos foron seleccionados tras unha convocatoria pública xestionada pola organización de Monkey Week, encontro que nos últimos anos se ten convertido nunha efectiva plataforma de lanzamento para bandas emerxentes de toda España, tanto a nivel estatal como no resto de Europa e Latinoamérica.

R., 2018-11-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, arrancaba esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia baixo o lema “Mellor, de Madeira” e prolongarase ata o venres. O seu obxectivo é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, inaugura este xoves 9 de maio a súa sétima edición cunha completa programación de actividades culturais e artísticas que achegarán ata o próximo 19 de maio á cidade da Coruña a figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, nacional e internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES