Noticias

Os 'Desafíos do Mar 2030' centran o Business2Sea 2018, organizado por Cetmar e Fórum Océano

O Bussines2Sea reunirá en Porto desde o mércores e ata o venres a organizacións, profesionais, investigadores ou estudantes vinculados ao mundo do mar que se darán cita neste evento internacional para participar nas diferentes actividades previstas, como conferencias, talleres temáticos, reunións de proxecto, encontros de negocio e na parte expositiva. O Centro Tecnolóxico do Mar participa este ano na organización da edición 2018 no marco dun acordo de colaboración con Fórum Océano, entidade portuguesa responsable desta iniciativa.

Ademais de afianzar as relacións entre ambas institucións, o devandito acordo serviu para estender a Galicia o impacto dun evento que nesta edición contará coa presenza de institucións, empresas e entidades galegas, que poderán aproveitar a visibilidade dunha cita moi consolidada en Portugal.

“Desafíos do Mar 2030” é o eixo temático deste Forum do Mar que terá como escenario o Centro de Congresos de Alfândega, onde se debaterá sobre a dixitalización da economía do mar, a sustentabilidade e o coñecemento dos océanos, a cooperación, o emprego e as competencias profesionais, ou a programación futura dos fondos comunitarios.

O programa previsto inclúe un conxunto de seminarios e talleres temáticos cunha destacada participación de representantes da Fundación CETMAR e nos que se debaterá sobre a cooperación luso-galaica no Espazo Atlántico, as tecnoloxías mariñas, o sector naval e das enerxías mariñas ou a cultura oceánica, entre outros.

Tamén está prevista unha conferencia principal sobre os Desafíos do Mar 2030 para conmemorar o Día Nacional do Mar, que se celebra en Portugal o 16 de novembro, así como un programa de encontros internacionais de negocios, sesións curtas de presentación de proxectos nesta área, exposicións e unha serie de degustacións de produtos do mar.

R., 2018-11-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES