Noticias

Galicia sitúase como a terceira comunidade con menor débeda autonómica por habitante

Galicia é a terceira comunidade con menor débeda autonómica por habitante no segundo trimestre do ano, só por detrás de Canarias e Andalucía. A consecuencia da xestión prudente da Xunta, Galicia mellorou a súa posición–no peche de 2017 estaba en quinto lugar- e cada galego debe hoxe 2.036 euros menos que o resto de cidadáns españois. Segundo os datos do Banco de España, cada galego debe 4.272 euros de débeda autonómica, fronte aos 10.478 euros que debe cada cidadán en Cataluña ou os 9.366 euros que debe cada cidadán da Comunidade Valenciana.

O control da débeda pública é unha das bases do modelo de crecemento san que defende a Xunta de Galicia, e é froito da progresiva redución do déficit que vén acadando o Goberno galego nos últimos anos. De feito, a previsión do Goberno galego é que a ratio de endebedamento –situada no 18,6%– continúe baixando ata o peche do exercicio, o que confirma que este indicador está totalmente estabilizado en Galicia desde o ano 2014.

Neste sentido, os datos do Banco de España publicados esta semana mostran que Galicia continúa entre as comunidades autónomas de referencia no control do seu endebedamento, froito do control da estabilidade orzamentaria que vén realizando a Xunta. Así, Galicia baixou medio punto o seu endebedamento público no segundo trimestre do ano, cun descenso de 201 millóns de euros no seu volume global e sitúase como a quinta comunidade con menor endebedamento de España, a terceira se se exclúen as comunidades de réxime foral.

A ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 18,6%, cinco décimas por debaixo da rexistrada no primeiro trimestre (19,1%) e catro décimas por debaixo da rexistrada no mesmo período do ano anterior (19,0%). Ademais, o diferencial positivo de Galicia respecto á media autonómica (24,7%) aumenta ata os 6,1 puntos, cando a peche do exercicio 2008 estaba igualado á media.

A xestión rigorosa da Administración galega ten evitado que Galicia emitise uns 3.800 millóns de euros, xa que Galicia continúa sendo a comunidade autónoma que menos aumentou o seu volume de débeda nos últimos dez anos.

R., 2018-10-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (arte-multiple-uvigo.jpg) A característica fundamental de artes gráficas como o gravado é a existencia dunha matriz a partir da que poden xerarse diferentes obras. Partindo dese elemento, a propia evolución da arte contemporánea e os avances tecnolóxicos transformaron nas últimas décadas a noción de arte múltiple, cara o que o grupo dx5 (Digital & Graphic Art Research), da UVigo, denomina 'gráfica de campo expandido', concepto que tamén fai referencia a como a gráfica contemporánea abandona o seu carácter bidimensional para 'conquistar o espazo'. Para afondar nestas ideas, o grupo promove o VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira 'O múltiple que ocupa o espazo', con tres exposicións, conferencias e intervencións no espazo público.
Foto de la tercera plana (praias-05.jpg) Galicia contará este ano cun total de 114 praias pertencentes a 35 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor recoñece a areais de todo o mundo seleccionados en base a rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).

Notas

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, arrancaba esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia baixo o lema “Mellor, de Madeira” e prolongarase ata o venres. O seu obxectivo é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, inaugura este xoves 9 de maio a súa sétima edición cunha completa programación de actividades culturais e artísticas que achegarán ata o próximo 19 de maio á cidade da Coruña a figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, nacional e internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES