Noticias

La CRUE, reunida en la capital de Galicia, alcanza un acuerdo con el Ministerio para que los títulos pre-Bolonia se impartan en cuatro años

La Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (CRUE) y el Ministerio de Educación alcanzan un preacuerdo por el que la mayoría de las carreras existentes en mapa de titulaciones se impartirían en cuatro años. Esta medida afectaría a todos los títulos 'pre-Bolonia', es decir, aquellos que existían antes de la adaptación al EEES. Las universidades tendrían libertad para crear títulos nuevos de 3 años. El Gobierno regulará la reválida de Bachillerato entre 0 y 10 puntos y deja a las Universidades valorar el tramo entre los 10 y los 14.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Universidad de Santiago de Compostela (USC):

O decreto sobre a duración dos estudos de grao e máster en España e a futura proba de acceso á Universidade foron os temas centrais da Asemblea Xeral que os reitores de universidades españolas mantiveron na USC. Os reitores acordaron pedir ao Ministerio de Educación, Cultura e Deportes a maior axilidade posible para resolver estas cuestións pola súa importancia para a xestión universitaria.

Tal e como explicou o presidente da CRUE, Segundo Píriz Durán, as universidades propoñen substituír a Selectividade pola reválida de Bacharelato, proba obrigatoria segundo a lei para o alumnado que quere acceder ao ensino superior, recordou Píriz. O presidente da Conferencia de Reitores sinalou que mentres que a futura proba de reválida permitiría cubrir o tramo de 0 a 10 da nota final, para o tramo de 10 a 14 da cualificación final deseñarase un procedemento o máis parecido posible ao que se viña facendo ata agora. Segundo Píriz quixo trasladar unha mensaxe de tranquilidade ao futuro estudantado universitario e ás súas familias porque “pronto terán unha fórmula de acceso ao ensino superior”.

Respecto da duración dos estudos de grao e máster, unha comisión mixta da CRUE e do Ministerio traballa neste eido dende finais do pasado mes de xullo. As universidades propoñen ao Ministerio que as titulacións que xa existían con anterioridade á implantación do Plan Bolonia, incluídas as ensinanzas médicas e as enxeñarías, manteñan a duración de catro anos. O resto, as de nova formulación, poderían acollerse a unha duración de tres anos. Non obstante, o presidente da CRUE considera que si a formación é a mellor ferramenta para saír da crise non se entende unha redución da duración dos estudos a 3 anos.

A Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) reúnese ata o xoves 29 no Centro de Estudos Avanzados (CEA) da Universidade de Santiago onde se celebrou a xuntanza da súa Asemblea Xeral. No acto inaugural deste encontro, o reitor Juan Viaño aludiu á celebración en Compostela, practicamente de xeito simultáneo, de Spin 2016, encontro que deixa patente o compromiso da Universidade cun novo modelo de transfrencia de coñecemento. Viaño afirmou que "a sociedade esíxenos que planifiquemos de forma ordenada a conexión entre a Universidade e os sectores produtivos do noso país". Logo desta reunión tivo lugar un encontro co Consello de Reitores de Universidades Portuguesas (CRUP) e a intervención do asesor do Gabinete do Comisario de Educación, Cultura, Xuventude e Deporte da Comisión Europea, Rodrigo Ballester.

Xa o xoves 29, ademais dunha xuntanza do Comité Permanente de CRUE, está prevista a participación dos reitores en Spin 2016, o maior evento iberoamericano de emprendemento universitario que se celebra en Santiago ata o día 1 de outubro.

Constituída en 1994 e formada por un total de 76 universidades españolas, Crue Universidades Españolas é o principal interlocutor das universidades co goberno central e desempeña un papel clave en todos os desenvolvementos normativos que afectan á educación superior en España. Ademais, promove iniciativas de distinta índole co fin de fomentar as relacións co tecido produtivo e social, as relacións institucionais, tanto nacionais como internacionais, e traballa para poñer en valor a universidade española.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Universidad de Santiago de Compostela (USC)

R., 2016-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES