Noticias

El PPdeG dice que la Xunta no tiene nada que ocultar sobre el tratamiento de hepatitis C. El PSdeG tacha de frívola la respuesta de Feijóo

El grupo socialista en el Parlamento de Galicia califica de "frívola e indigna" la respuesta del presidente de la Xunta a la denuncia de la Fiscalía por el trato del Sergas a los enfermos de hepatitis C que llevó a declarar a dos cargos del Gobierno gallego. El PPdeG, sin embargo, dice que la Xunta no tiene nada que ocultar sobre el tratamiento.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou que as tres preguntas ao Presidente da Xunta e a comparecencia do conselleiro de Sanidade do Pleno da vindeira semana demostran que o Goberno galego “non ten nada que ocultar” sobre a situación dos pacientes sometidos a tratamento para a hepatite C. Puy afirmou que “se hai algo que non incidiu na aplicación deste tratamento aos enfermos son as cuestións orzamentarias” e considerou lamentable que “se intente vincular un escrito coa honorabilidade dunhas persoas e, desde un punto de vista político, que se utilice para facer unha emenda á totalidade dunha política que primou a atención sanitaria e a educación, así como o resto do gasto social”.

A sesión plenaria da vindeira semana inclúe un total de 28 cuestións, das que o 80 por cento son a iniciativa dos grupos da oposición. Dará comezo co debate para a súa aprobación dos proxectos de Lei do patrimonio cultural de Galicia e de economía social de Galicia.

A continuación, terá lugar a comparecencia a petición propia do conselleiro de sanidade para informar sobre a situación dos pacientes a tratamento por hepatite C crónica en Galicia, que se acumula ás solicitudes realizadas por todos os grupos da oposición. Ademais, Puy engadiu que as tres preguntas que a oposición formulará ao Presidente da Xunta tamén versarán sobre o mesmo asunto.

O portavoz popular considerou “interesante” que o Goberno compareza no Parlamento porque “non ten nada que ocultar e é bo que se saiba como funcionou a incorporación deste tratamento contra a hepatite C ao sistema público de saúde de Galicia, que está a funcionar moi ben e se está a estender a todos os pacientes, sobre todo aos que están nunha fase máis evolucionada da enfermidade”.

Puy salientou que “a Xunta está a colaborar coa Xustiza”, pero criticou “o exercicio de demagoxia” que se está a facer por parte da oposición. Neste sentido, rebateu que o sistema dilatara o subministro desta medicina aos pacientes, xa que, unha vez solicitado polo médico e aprobado pola subcomisión clínica, “se tramitaba polo método máis rápido que hai na administración: o contrato menor, sen necesidade de ir a un concurso que tarda meses en resolverse”. “O máis rápido para subministrar o tratamento é se na área de xestión sanitaria se pide e se contrata directamente no momento que fai falta”, apuntou.

“A medicación deuse en Galicia para aqueles casos que, de acordo cos protocolos médicos aprobados para toda España, era aconsellable moito antes que se aprobara o Plan contra a hepatite C e, desde que se aprobou este plan, non só foron atendidos os pacientes con maior gravidade, senón os que menos desenvolvida teñen a enfermidade”, explicou Puy. Así, avogou por “continuar cara a supresión total do virus” e reiterou que “non hai restrición orzamentaria cando o sistema prevé o subministro a todos os enfermos”.

Pedro Puy manifestou que “estamos amosando o noso respecto máximo ás persoas afectadas pola enfermidade, sen entrar a debater con eles porque a comprensión con quen padece esta enfermidade é máxima”.

Na súa intervención, o portavoz popular defendeu a existencia no seu momento dunha subcomisión clínica para a aprobación do tratamento “para manter un criterio homoxéneo baseado en factores exclusivamente médicos”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A viceportavoz do Grupo socialista, Carmen Gallego, cualificou hoxe de “frívola e indigna” a resposta do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á denuncia da fiscalía polo trato aos enfermos de hepatite C, admitida polo xulgado que chamou a declarar a dous cargos do goberno galego por prevaricación. Os socialistas reclamaron a comparecencia de Feijóo no Pleno do Parlamento, que foi rexeitada polo PP, e levarán o caso á sesión de control.

A responsable socialista criticou que o presidente da Xunta queira limitar a unha cuestión estatística referida a “dous ou tres pacientes” cando se investigan sete falecementos polo retraso na prestación do tratamento por parte do goberno galego. Advirte que Feijóo, o goberno galego e o PP “sempre mentiron” nas súas respostas ás máis de 20 iniciativas parlamentarias presentadas polos socialistas galegos neste sentido.

Lembrou así que tanto nas iniciativas de impulso como nas de control presentadas polos socialistas tanto o goberno como o PP responderon en bloque criticando as peticións para subministrar o tratamento en casos de vida ou morte e reclamando “cautela” mentres negociaban os prezos dos medicamentos.

Carmen Gallego dixo que en realidade “do que trata este asunto é de escoller entre a saúde dos galegos e das galegas ou do sacrosanto déficit cero”, e dun goberno que “prioriza os recortes fronte aos pacientes”.

Lembrou que a día de hoxe só recibiron o tratamento 1.100 persoas dos entre 30 e 50.000 potenciais usuarios que “aínda non están o suficientemente enfermos”, mentres a poboación reclusa está excluída “porque o goberno di que o tratamento ambulatorio non é da súa competencia”.

A deputada socialista advertiu que “pasou coa hepatite C como pode pasar cos tratamentos do cancro”, uns tratamentos que “como son caros non se subministran” por un goberno que “impón os recortes e a supremacía do déficit cero fronte aos usuarios da sanidade pública”.

Os socialistas galegos reclamaron a comparecencia de Feijóo para dar conta da actuación do seu goberno diante destes casos e consideraron insuficiente a do actual conselleiro de Sanidade, que cando sucederon os feitos “non era conselleiro, nin sequera formaba parte do goberno galego, senón que era alcalde dunha localidade do sur de Pontevedra”.

R., 2016-04-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES