Noticias

El Consello da Cultura Galega (CCG) reedita Advento, una de las primeras obras del poeta chairego Manuel (Letras Galegas 2016)

62 años después de su primera edición, el CCG reedita Advento, de Manuel María (1929-2004), el poeta chairego al que este año se dedica el Día das Letras Galegas. Advento está considerada una pieza "capital" de la poesía gallega contemporánea con dosis de vanguardia, reivindicación de la identidad y existencialismo de la denominada Escola da Tebra.

Nota de prensa publicada en la web del Consello da Cultura Galega (CCG):

Tiña apenas 19 anos cando Manuel María(1929-2004) escribiu o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas. Foi o inicio dunha escrita que o converteu nun dos máis prolíficos poetas da historia literaria galega. O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, presentou a reedición dunha das súas obras máis destacadas, Advento, que se encadra no marco das actividades da institución para conmemorar o homenaxeado o Día das Letras Galegas. A presentación da edición facsimilar contou coa presenza de Saleta Goi, viúva de Manuel María e presidenta da Fundación que leva o seu nome, e de Miguel Anxo Fernán-Vello, escritor e editor, responsable do estudo crítico que acompaña o texto.

“Naceu poeta e morreu poeta, pero no medio foi tamén moitas outras cousas” apuntou Ramón Villares, presidente do CCG, na presentación desenvolvida esta mañá. A escolla deste texto para a súa reedición descansa principalmente en dúas razóns: a primeira, que Advento, en palabras de Villares, “resulta moi representativa de toda a súa traxectoria”. Idea na que afondou Miguel Anxo Fernán Vello ao definila “como un libro capital na obra de Manuel María pero tamén na poesía galega contemporánea”. A segunda razón está no feito de que se editou en Bos Aires, en 1954, e “permite renovar o constante compromiso do CCG coa cultura galega feita no exterior” engadiu Ramón Villares. Sobre esta idea afondou Saleta Goi, quen quixo destacar “o parello que ten esta obra coa vida dun emigrante, que vai e ven”.

Hai varias datas que marcan este texto. A primeira é o outono de 1951, ano en que Manuel María escribiu o texto. A segunda é 1952, cando foi recoñecida co Premio Castelao de Poesía, no marco dos concursos literarios que convoca o Centro Galego de Bos Aires, que facilitou que boa arte dos poetas e ensaístas galegos tivesen oportunidades de recoñecemento e difusión ás que non podían aspirar en Galicia. A terceira é o 6 de xullo de 1954, cando saíu do prelo en Bos Aires a cargo do selo editorial Ediciones Galicia, dependente do Centro Galego, con ilustración de Luís Seoane.
Destaca Advento por ser unha das primeiras obras que o deu a coñecer como poeta, porque marca un diálogo coa cultura galega que se mantiña vizosa en ambas as dúas beiras do Atlántico e porque pecha un período de crise existencial e relixiosa que logo continúa con vieiros poéticos diferentes despois do poemario Terra Chá. Advento forma parte da produción da denominada Escola da Tebra, movemento caracterizado polo clima dun "eu lírico" angustiado, pola soidade e pola desesperanza.

Esta edición conta con 500 exemplares numerados de carácter non venal. Inclúe, ademais do texto en edición facsímile, dúas cartas de Manuel María, un limiar de Ramón Villares e un estudo crítico de Miguel Anxo Fernán Vello. Ademais, editáronse 150 exemplares máis do texto para levar á Feira Internacional do Libro de Bos Aires, onde se presentará o vindeiro 30 de abril co apoio do Instituto arxentino da cultura galega e no que participarán a escritora Josefina Delgado e do presidente do Consello da Cultura Galega.

NoticiaEsta edición encádrase dentro das actividades previstas polo Consello da Cultura Galega para celebrar o Día das Letras Galegas, entre as que tamén figura a realización do tradicional Concerto das Letras Galegas. Nesta ocasión, a proposta consistirá nun concerto de Milladoiro cun programa en que, alén de repasar a súa traxectoria, ofrecerá varias pezas do disco titulado Unha estrela por guía. Editado en 2007, consistía nunha homenaxe ao poeta lucense e percorría musicalmente libros como Cancións do Lusco ao Fusco, Sonetos á casa de Hortas ou As rúas do vento ceibe. O concerto será gratuíto e as entradas poñeranse a disposición do público en breve.

Fotografía 2: Consello da Cultura Galega

R., 2016-04-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES