Notas de prensa

Case 13.000 persoas visitaron en menos de dous meses a mostra «Heroes animados» en A Coruña

Case 13.000 persoas visitaron na Sede Afundación da Coruña a exposición «Heroes animados», inaugurada o pasado 2 de xullo e que permanecerá aberta ata o próximo 28 de novembro. A mostra, deseñada por ILUX Visual Technologies, recolle todos os detalles do proceso de deseño e creación dos personaxes nas películas e producións de animación a partir do traballo desenvolvido polo prestixioso Grangel Studio.

«Heroes animados» mostra, desde o punto de vista do deseño dos personaxes, todo o proceso creativo dunha produción de cine de animación de alta calidade, desde que nace o guión ata que finaliza o proxecto. A montaxe parte do traballo desenvolvido polo estudo nos seus 25 anos de historia a través das películas O príncipe de Exipto, Spirit, O corcel indomable, A ruta cara ao Dourado, Simbad e a lenda do Sete Mares, O espantatiburóns, Madagascar, Kung-Fu Panda, Como adestrar ao teu dragón, A noiva cadáver de Tim Burton, Piratas e Hotel Transilvania.

A exposición exhibe pezas orixinais únicas, que se mostran por vez primeira ante o público e inclúe materiais diversos que se mostraron en diferentes proxectos relacionados co ámbito da animación no Museum of Modern Art de Nova York (MoMA); o Katzen Arts Center (American University Museum), en Washington; o County Museum of Art (LACMA) de Los Ãngeles; o Bell Light Box (The TIFF), en Toronto; The Australian Centre of Moving Image (ACMI), en Melbourne; ou na Cinémathèque Française de París.

«VACACIÓNS ANIMADAS. CANDO OS DEBUXOS FALAN»

Paralelamente á mostra, a área educativa da entidade, como en cada proxecto expositivo, deseñou un completo programa co que os máis pequenos e os mozos da casa se poden achegar a todos os segredos que hai detrás da creación de personaxes animados da maneira máis divertida e didáctica. Así, desde o 28 de xullo e ata mañá, 27 de agosto, nenos e mozos aprenderon a desenvolver a súa sensibilidade artística co obradoiro «Vacacións animadas. Cando os debuxos falan», que ten dúas modalidades, a infantil, de 4 a 7 anos, e a xuvenil, de 8 a 12 anos. Mañá será o último día para poder desfrutar deste obradoiro en horario de 10.00 a 12.00 h e de 12.00 a 14.00 h, respectivamente. Co inicio do curso escolar, ofertaranse distintos programas adaptados aos diferentes ciclos, dirixidos a tódolos centros que estean interesados en participar.
Ademais, no outono, Carlos Grangel, codirector de Grangel Studio, ofrecerá unha conferencia na Sede de Afundación sobre as características do traballo de animación de alta calidade e programarase un ciclo de cine infantil de animación no que se proxectarán algunhas das producións deste estudo: Kung-Fu Panda, Hotel Transilvania, A ruta cara ao Dourado, Madagascar, Piratas e Como adestrar ao teu dragón.

Afundación (Abanca), 2015-08-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES