Notas de prensa

Constituído o Instituto de Estudos Turísticos de Galicia

Dirixido por Ãnxeles Piñeiro, este instituto traballa na elaboración de estatíticas e no ámbito investigador. O seu obxectivo é contribuír ao crecemento do sector.

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco Ãlvarez, presidiu en Santiago o acto de constitución do Instituto de Estudos Turísiticos de Galiza, xuntanza na que se decidiu nomear directora do mesmo a Ãngeles Piñeiro Antelo, investigadora da USC experta en turismo. Licenciada en Xeografía pola Universidade de Santiago, Ãnxeles Piñeiro Antelo está en posesión do posgrao de especialista en desenvolvemento local e ata o de agora viña realizando labores de investigación dentro do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galiza (IDEGA), como xestora do grupo de investigación de Análise Territorial (ANTE). Participou en numerosos proxectos de investigación no marco europeo en ámbitos de actuación como o turístico.

O consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galiza, cuxa creación fíxose efetiva en abril pasado, ten por obxecto contribuír ao desenvolvemento do sector turístico de Galiza, en especial no eido da elaboración de estatísticas e no ámbito investigador. Así mesmo, as funcións do instituto basearanse en estudar a capacidade competitiva das empresas turísticas e do sector turístico en Galicia; en desenvolver tarefas de investigación, innovación e desenvolvemento tecnolóxico no eido do turismo; e en prestar asistencia ás empresas e entidades vencelladas ao turismo coa fin de mellorar a calidade do sector. O participará no fomento e desenvolvemento de investigación cooperativa entre as empresas e a análise estatística do desenvolvemento do sector turístico e as súas necesidades. Será outro dos obxectivos desta entidade a transferencia de resultados de investigación entre os centros públicos e de investigación e as empresas vinculadas ao sector turístico.

Na reunión constitutiva, o consorcio aprobou a estrutura interna e regulamento do Instituto, fixando a súa primeira sede na Dirección Xeral de Turismo. A presidencia do organismo correspóndelle ao titular da Consellaría da Xunta de Galiza competente en materia de turismo, neste momento, ao conselleiro de Innovación e Industria. O Consello de Dirección do instituto está integrado por unha presidenta ou presidente, unha vicepresidenta ou vicepresidente e mais nove vogais, un por cada un dos organismos que o integran (agás a Confederación de Empresarios de Hostalería de Galiza, que conta con dous vogais), así como a directora do instituto e mais un secretario ou secretaria (con voz pero sen voto). O Instituto contará, así mesmo, cun consello científico cuxos membros serán nomeados polo Consello de Dirección entre persoas de recoñecido prestixio. Finalmente, a dotación económica do consorcio por parte da Consellería de Innovación e Industria ascenderá a 642.580 euros.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2007-07-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía. Ao longo do mes das Letras, o Gaiás organiza propostas como unha lectura participativa de poemas, un encontro con rapazada de centros de ensino, unha exposición bibliográfica ou dúas propostas teatrais —para público adulto e público familiar—. A primeira destas actividades será o mércores 8 de maio, e consistirá nun encontro entre alumnado de dous dos institutos nos que Luísa Villalta se desempeñou como profesora e activista cultural.
Foto de la tercera plana (tomas-barros-pardo.jpg) De pais galegos, nace en Toledo, aos sete anos volve a Galicia e instálase coa familia en Ferrol. Na súa adolescencia séntese atraído pola pintura e recibe clases do pintor ferrolán Felipe Bello Piñeiro, cursa estudos de maxisterio e exerce como mestre nacional en varias escolas. Máis tarde, en 1947 trasládase a Madrid para estudar belas artes na Escola de San Fernando, e licénciase en 1951. É nesta época cando abandona a pintura realista e entra en contacto coa corrente expresionista europea coa que sente afinidade non só no aspecto formal senón tamén polos seus contidos sociais. É tamén a época en que empeza a escribir as súas primeiras novelas e a interesarse pola filosofía, o ensaio e a literatura.

Notas

Desde este xoves a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a exposición De pictura, con obras do artista Juan Carlos Meana (Vitoria-Gasteiz, 1964-Pontevedra, 2023) e comisariada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Buxán. A mostra, que pon o foco na faciana máis pictórica do homenaxeado, enmárcase no ciclo expositivo Reciprocidade, coordinado por Javier Blanco Sierra, e será a que peche a programación desta sala do curso académico 2023/2024.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) presentou na facultade de Filoloxía o nodo galego da rede CLARIAH-ES, conformado polo propio ILG e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). CLARIAH-ES é unha infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte dos consorcios europeos de investigación CLARIN -tratamento da linguaxe no eido da informática- e DARIAH -ensino e investigación no ámbito das humanidades dixitais-.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES